congreso
NOVAS
Néstor Rego pide ao Ministro de Sanidade a realización de test masivos a toda a poboación

Néstor Rego pide ao Ministro de Sanidade a realización de test masivos a toda a poboación

Néstor Rego demandou ao Ministro de Sanidade a dotación de EPIs a todas as persoas que deban intervir en zonas de risco.

O BNG reclama intervir a sanidade privada, ante a situación que estamos a padecer, para poñela á disposición, enteiramente, do esforzo público de contención do COVID19.

O deputado nacionalista propón recuperar os 60.000 M€ do rescate bancario, impor tributos ás grandes fortunas e empresas e nacionalizar as grandes corporacións dos sectores estratéxicos que nunca deberon ser privatizadas para garantir que a crise non a pagan, máis unha vez, as clases populares.

Ler novas
NOVAS
O BNG defende que é necesario continuar coas medidas de confinamento para reverter a crise do coronavirus

O BNG defende que é necesario continuar coas medidas de confinamento para reverter a crise do coronavirus

O deputado Néstor Rego destaca que non serve de nada retirar as competencias a quen ten máis coñecemento do territorio e das súas características.

O BNG ve de negativamente que o Goberno central optase por axilizar os ERTEs en vez de que a opción fose a de manter o emprego, como fixeron outros países europeos.

Rego ve lóxico que neste contexto se eliminen os obxectivos de déficit e os limites de gasto por parte das administracións públicas.

Ler novas
NOVAS
Néstor Rego exixe no Congreso que se blinde Galiza como mellor solución para atallar o problema

Néstor Rego exixe no Congreso que se blinde Galiza como mellor solución para atallar o problema

O BNG mostra a súa plena disposición a colaborar na solución para a erradicación desta crise sanitaria.

Rego propón pechar Madrid como medida urxente ao ser o principal foco e potencial fonte de propagación do  COVID19.

O BNG afirma que no canto de optar por axilizar os  ERTEs habería que garantir o mantemento do emprego e dos dereitos laborais. E aposta por prohibir os despedimentos por razóns económicas como fixo Italia.

Ler novas
NOVAS
Néstor Rego traslada a Pedro Sánchez as propostas do BNG para atallar a crise do coronavirus

Néstor Rego traslada a Pedro Sánchez as propostas do BNG para atallar a crise do coronavirus

O deputado nacionalista lembrou que aínda fai sentido fechar Madrid, ao ser a cidade o foco máis grande de contaxios, e que se blinde Galiza.

Aínda que tería preferido optar polo apoio ás Comunidades Autónomas que xa actuaran e a coordinación dos esforzos en vez da  centralización absoluta das decisións, o BNG manifestou a máxima disposición a colaborar para frear a pandemia.

Rego pediu a Sánchez que se introduzan medidas sociais e económicas para protexer os sectores que poden resultar máis afectados pola crise, en especial traballadores e traballadoras e autónomos.

Ler novas
NOVAS
O BNG exixe que non se vulneren os dereitos d@s traballador@s como consecuencia da crise do coronavirus

O BNG exixe que non se vulneren os dereitos [email protected] [email protected] como consecuencia da crise do coronavirus

Néstor Rego pide que se introduzan medidas de protección que impidan que os cambios nos sistemas de traballo a causa desta crise, afecten aos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras.

O deputado lémbralle o Goberno que no caso de incapacidade temporal, se lle garanta o traballador unha prestación equivalente ao que lle corresponde por convenio colectivo.

Ler novas
NOVAS
O BNG denuncia a viaxe de 11 horas a que se enfrontan os pasaxeiros e pasaxeiras do tren Vigo-Bilbo

O BNG denuncia a viaxe de 11 horas a que se enfrontan os pasaxeiros e pasaxeiras do tren Vigo-Bilbo

Néstor Rego destaca que a obrigada retirada de varios trens por detección de amianto, sen que foran repostos, como a escaseza de maquinistas, o que supón graves atrasos nas saídas.

O BNG vén de denunciar con anterioridade que a rede ferroviaria galega carece de interconexións adecuadas entre as principais cidades como é o caso de Vigo e Ourense, cunha vía que necesita ser modernizada, onde a planificación ferroviaria orientase principalmente cara Madrid.

Ler novas
NOVAS
O BNG denuncia a aparición de centos de aves mortas ou cubertas dunha substancia oleaxinosa na costa galega

O BNG denuncia a aparición de centos de aves mortas ou cubertas dunha substancia oleaxinosa na costa galega

O BNG insta o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto demográfico, a tomar cartas no asunto e investigar a procedencia dun posíbel vertido.

Rego destaca que a atención das aves afectadas estase a realizar agora mesmo desde a sociedade civil a través de varias asociacións de ornitoloxía galega, mais sen que polo momento as autoridades públicas se preocuparan en absoluto por este asunto.

Ler novas