Bótanos unha man

BNG

BÓTANOS UNHA MAN

No BNG ti es parte activa da nosa organización, es a protagonista, e temos diferentes canles de participación, desde a afiliación, a ciberacción nas redes sociais e tamén axudar economicamente ao proxecto cunha doazón.

AFÍLIATE

No Bloque queremos avanzar na nosa proposta de abrir un tempo novo, tamén dentro de nós. Porque a Galiza que queremos é un proxecto compartido, un horizonte a definir entre todas e todos. Na Galiza de hoxe temos diferentes formas de vivir e sentir o que somos, e desde o BNG queremos partir do realmente existente para construír o futuro.

Apostamos, por iso, por un BNG con proxecto propio, plural, inclusivo e aberto. Un BNG coa man tendida para sumar e facer país. Queremos construír este novo BNG con ilusión, contigo.

Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG!

QUE É O BNG

O Bloque Nacionalista Galego BNG foi fundado en 1982, recollendo o legado histórico das Irmandades da Fala, do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda e do nacionalismo xurdido nos anos sesenta, durante a ditadura franquista e a chamada Transición .

  • O BNG é unha ferramenta colectiva, democrática, aberta e viva, ao servizo do pobo galego. Somos unha organización política asemblearia, plural e democrática, que traballa na rúa e nas institucións en favor da construción dunha Galiza soberana, xusta, próspera e igualitaria.
  • No BNG dánse a man todas as causas xustas: os dereitos sociais e laborais, a defensa da terra, a loita feminista, os movementos LGBT, o activismo social e cultural, a defensa da lingua, a solidariedade internacionalista… O programa do BNG é un programa orientado á maioría social do noso pobo, centrado no desenvolvemento, a modernización e a conquista do benestar para o noso país.

Se estas interesada ou interesado en formar parte do BNG é imprescindíbel que solicites formalmente a afiliación. Completa o seguinte formulario para recibir información para afiliarte ao BNG.

Quero afiliarme

Faite ciberbloqueir@

As redes sociais forman parte dos espazos de comunicación e información dunha grande maioría da sociedade galega. Como organización política non podemos obviar isto, somos conscientes de que debemos estar presentes nelas, facendo uso de todas as ferramentas que estean ao noso alcance para trasladar as nosas posicións e visibilizar socialmente o BNG. Facebook, Twitter, Instagram,Youtube, Tik Tok, Whatsapp e Telegram son espazos nos que o BNG ten presenza e na que ti podes ser parte activa espallando a nosa información entre os seguidores e seguidoras. Bótanos unha man na rede!

 BNG - Bloque Nacionalista Galego

 obloque

 o_bloque

 BNG - Bloque Nacionalista Galego

 obloque

 Síguenos no Whatsapp

 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Tamén podes recibir no teu correo o noso boletín coa información máis relevante da semana. Subscríbete!

Boletín do BNG - Revue

Doazóns

Outro xeito de contribuíres co proxecto do BNG é facendo unha achega económica puntual da cantidade que estimes oportuna.

Facer unha doazón
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG