Afíliate ao BNG

BNG

Afíliate ao BNG

No Bloque queremos avanzar na nosa proposta de abrir un tempo novo, tamén dentro de nós. Porque a Galiza que queremos é un proxecto compartido, un horizonte a definir entre todas e todos. Na Galiza de hoxe temos diferentes formas de vivir e sentir o que somos, e desde o BNG queremos partir do realmente existente para construír o futuro. Apostamos, por iso, por un BNG con proxecto propio, plural, inclusivo e aberto. Un BNG coa man tendida para sumar e facer país. Queremos construír este novo BNG con ilusión, contigo. Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG!

QUE É O BNG

O Bloque Nacionalista Galego BNG foi fundado en 1982, recollendo o legado histórico das Irmandades da Fala, do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda e do nacionalismo xurdido nos anos sesenta, durante a ditadura franquista e a chamada Transición .

  • O BNG é unha ferramenta colectiva, democrática, aberta e viva, ao servizo do pobo galego. Somos unha organización política asemblearia, plural e democrática, que traballa na rúa e nas institucións en favor da construción dunha Galiza soberana, xusta, próspera e igualitaria.
  • No BNG dánse a man todas as causas xustas: os dereitos sociais e laborais, a defensa da terra, a loita feminista, os movementos LGBT, o activismo social e cultural, a defensa da lingua, a solidariedade internacionalista… O programa do BNG é un programa orientado á maioría social do noso pobo, centrado no desenvolvemento, a modernización e a conquista do benestar para o noso país.

Os teus datos persoais

Os teus datos de contacto

 

Protección de datos

RESPONSÁBEL DO TRATAMENTO: Bloque Nacionalista Galego

FINALIDADE: Xestionar a túa solicitude de información para afiliarte ao BNG.

LEXITIMACIÓN: Execución dun contrato.

CESIÓNS DE DATOS E TRANSFERENCIAS: Non se prevén cesións, salvo as necesarias para o correcto desenvolvemento da relación e o cumprimento de obrigacións legais.

DEREITOS: Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade enviando unha mensaxe a dpd@bng.gal.

MÁIS INFORMACIÓN: Para máis información consulte a nosa política de privacidade.

Se estas interesada ou interesado en formar parte do BNG é imprescindíbel que solicites formalmente a afiliación. Completa o seguinte formulario para recibir información para afiliarte ao BNG.

* Campos obrigatorios.

Outras formas de participar

Tamén podes botar unha ollada a outros xeitos de participación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG