Política de privacidade

“BNG” atópase profundamente comprometido co cumprimento da normativa española e europea de protección de datos de carácter persoal, e garante o cumprimento íntegro das obrigacións dispostas, así como a implementación das medidas de seguridade dispostas no Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) (UE) 2016/679, do 27 de abril, e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD e GDD, en diante LOPD).

De conformidade con estas normativas, informamos que a utilización da nosa web pode requirir que se faciliten certos datos persoais a través de formularios de contacto, ou mediante o envío de mensaxes, e que estes serán obxecto de tratamento por “BNG”, Responsable do tratamento:

  • Responsable do tratamento: Bloque Nacionalista Galego
  • CIF: G32014003
  • Enderezo: Avenida Rodríguez de Viguri 16, baixo, 15703, Santiago de Compostela, A Coruña
  • Teléfono: 981555850
  • Correo electrónico: sedenacional@bng.gal
  • Datos de contacto do DPD: dpd@bng.gal

Obtención e Tratamento de Datos Persoais

Un dato persoal é calquera información relativa a unha persoa: nome, enderezo postal e electrónico, teléfono, NIF/NIE... Adicionalmente, cando un Usuario visita o noso sitio web, determinada información almacénase automaticamente por motivos técnicos, como a IP asignada polo seu provedor de acceso a Internet.

“BNG”, como Responsable do Tratamento, ten o deber de informar os Usuarios do seu sitio web acerca da recollida de datos de carácter persoal que poden levar a cabo, ben sexa mediante o envío de mensaxes por correo electrónico, ó cumprimentar os formularios incluídos no sitio web, ou na participación directa nas actividades do partido.

Obteranse unicamente os datos precisos para poder responder adecuadamente a peticións de información realizadas polo Usuario e para xestionar as solicitudes de afiliación ou participación nas actividades desenvolvidas polo “BNG”. Os datos solicitados son identificativos e corresponden a un mínimo razoable necesario para poder levar a termo a actividade realizada. En ningún caso realizarase un uso diferente dos datos que a finalidade para os que foron solicitados. A negativa de facilitar os datos, implica a imposibilidade de participar como afiliado ou doante do partido.

Dentro das actividades que se poden desenvolver no partido é posible que se traten datos sobre opinións políticas dos afiliados ou simpatizantes, tendo a consideración de categorías especiais de datos. A pesar da prohibición xeral de tratar este tipo de datos, este tratamento está amparado no artigo 9.2.d) do RGPD.

Finalidades de tratamento

Afiliación:

  • Datos tratados: Datos identificativos, opinións políticas, datos de contacto e bancarios.
  • Procedencia dos datos: Da propia persoa interesada.
  • Finalidades: Xestión de alta e mantemento da relación de afiliados do partido. Inclúe a xestión de cobro das cotas, xestión da participación nas actividades e procesos orgánicos do partido e o cumprimento de obrigacións estatutarias.
  • Lexitimación: Execución dun contrato ou aplicación de medidas previas.
  • Prazo de conservación: Ata o fin da relación como afiliado e o cumprimento das obrigacións legais do partido.

Doazóns:

  • Datos tratados: Datos identificativos, datos de contacto e bancarios.
  • Procedencia dos datos: Da propia persoa interesada.
  • Finalidades: Xestión das doazóns achegadas. Inclúe a xestión de cobro das doazóns, ademais das actuacións derivadas do cumprimento de obrigacións establecidas pola normativa de financiación de partidos políticos.
  • Lexitimación: Execución dun contrato ou aplicación de medidas previas.
  • Prazo de conservación: Durante o tempo estritamente necesario para xestionar a doazón achegada e o cumprimento das obrigacións legais do partido.

Formularios de alta no boletín de noticias:

  • Datos tratados: Correo electrónico.
  • Procedencia dos datos: Da propia persoa interesada.
  • Finalidades: Xestión de alta no boletín de noticias. Inclúe o envío de comunicacións por correo electrónico sobre a actividade política do BNG.
  • Lexitimación: Consentimento.
  • Prazo de conservación: Ata a retirada do seu consentimento.

Formularios de compra:

  • Datos tratados: Datos identificativos, datos de facturación e entrega de pedidos, datos bancarios.
  • Procedencia dos datos: Da propia persoa interesada.
  • Finalidades: Xestión dos pedidos realizados na sección “Loxa”. Inclúe a xestión de facturación, cobro e entrega dos produtos, así como a creación e mantemento de contas de cliente solicitadas.
  • Lexitimación: Execución dun contrato de compra de produtos. No caso do rexistro de usuarios web, estará lexitimado por consentimento expreso.
  • Prazo de conservación: Durante o tempo estritamente necesario para xestionar os pedidos e o cumprimento das obrigacións legais do partido. No caso das contas de usuario rexistradas, conservaranse os datos ata que o usuario solicite o borrado da conta ou retire o consentimento.

Envío de propaganda electoral:

  • Datos tratados: Datos identificativos e de enderezo.
  • Procedencia dos datos: Delegación Provincial do Censo Electoral.
  • Finalidades: Envío de comunicacións postais de propaganda electoral en períodos de campaña.
  • Lexitimación: misión de interese público (art. 41.5 da LOREG)
  • Prazo de conservación: Ata o fin da campaña electoral.
  • Procesos de selección laboral:
  • Datos tratados: Datos identificativos, datos de contacto, datos académicos e profesionais, características persoais.
  • Procedencia dos datos: Da propia persoa interesada.
  • Finalidades: Incorporación de candidaturas nos procesos de selección de persoal do partido. Inclúe a recepción e análise de CVs, a avaliación de competencias, xestión de entrevistas e o envío de comunicacións durante o proceso.
  • Lexitimación: Aplicación de medidas precontractuais a petición da persoa interesada. No seu caso, para participar en futuros procesos será o consentimento.
  • Prazo de conservación: Ata a finalización do proceso de selección. No caso de obter consentimento previo, conservarase durante un máximo dun ano para participar en futuros procesos.

Medidas de Seguranza

Infórmase os Usuarios da web do “BNG” de que adoptáronse as medidas de seguranza, técnicas e organizativas ao noso alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos, e que garanten así a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas, de acordo co establecido na normativa vixente en materia de protección de datos. Os datos persoais que se recollen nos formularios son obxecto de tratamento, unicamente, por parte do persoal do “BNG” ou dos Encargados do Tratamento designados.

O sitio web do “BNG” conta ademais cun cifrado SSL, que permite ao Usuario o envío seguro dos seus datos persoais a través dos formularios de compra.

Veracidade dos datos

Os usuarios deben garantir que os datos persoais que facilitan son veraces e correctos. Estes responderán ante a falta de veracidade dos seus datos e serán únicos responsables dos conflitos ou litixios que puidesen resultar pola falsidade dos mesmos. É importante que, para que poidamos manter os datos persoais actualizados, os usuarios informen a “BNG” sempre que exista algunha modificación nos mesmos.

Cesión de datos

“BNG” non cederá nin comunicará a ningún terceiro os teus datos, excepto nos casos legalmente previstos ou cando sexa estritamente necesario para o correcto desenvolvemento das actividades realizadas, mantemento da nosa relación xurídica ou para o envío dalgún produto. Concretamente, os datos poderán ser cedidos a:

  • Provedores de servizos tecnolóxicos ou informáticos
  • Provedores de servizos de pago
  • Empresas de transporte
  • Terceiros ou intermediarios, en calidade de encargados de tratamento, que operen no noso propio nome (xestoría, asesoría…).

As cesións de datos produciranse respectando a máis estrita confidencialidade, empregando as medidas necesarias, tales como a firma de acordos de encargo de tratamento dos datos.

Ademais, naqueles casos en que sexa necesario, os datos dos afiliados, simpatizantes ou usuarios poderán ser cedidos a determinados organismos, en cumprimento dunha obrigación legal.

Exercicio de Dereitos

As persoas interesadas teñen a posibilidade de exercer unha serie de dereitos relacionados co tratamento dos seus datos persoais. Para iso, o Usuario deberá dirixirse mediante correo electrónico a dpd@bng.gal, ou ben mediante comunicación escrita á dirección postal do “BNG” á atención do noso Delegado de Protección de Datos (DPD), identificándose de forma axeitada. Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: nome e apelidos do Usuario, o obxecto da solicitude e os datos acreditativos.

O exercicio de dereitos pode ser realizado pola propia persoa solicitante ou a través de representación legal que, no seu caso, deberá achegar a documentación que acredite dita representación.

As persoas interesadas poden exercer os seguintes dereitos:

Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais, que é o dereito para obter información sobre se os seus propios datos de carácter persoal están a ser obxecto de tratamento, a finalidade do tratamento que, no seu caso, estea a realizarse, así como a información dispoñible sobre a orixe dos devanditos datos e as comunicacións realizadas ou previstas dos mesmos.

Dereito a solicitar a súa rectificación, no caso de que os datos persoais sexan incorrectos ou inexactos, ou supresión dos datos que resulten ser inadecuados ou excesivos.

Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, nese caso unicamente serán conservados polo “BNG” os datos estritamente necesarios para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Dereito a opoñerse ao tratamento: refírese ao dereito do interesado a que non leve a cabo o tratamento dos seus datos persoais ou se cese no mesmo, nos supostos en que non sexa necesario o seu consentimento para o tratamento, salvo que por motivos lexítimos ou polo exercicio ou a defensa de posibles reclamacións téñanse que seguir tratando.

Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os seus datos en formato exportable.

No caso de que se prestase o consentimento para algunha finalidade específica, a persoa interesada ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

“BNG” comprométese a atender todos estes exercicios de dereitos dentro do prazo legal establecido.

Se un Usuario considera que hai un problema coa forma en que “BNG” está a manexar os seus datos, pode dirixir as súas reclamacións ao Delegado de Protección de Datos ou á autoridade de protección de datos correspondente.

Redes sociais

“BNG” ten perfil nalgunhas das principais redes sociais de Internet. A finalidade do tratamento de datos por parte de “BNG” será a de informar os seus seguidores sobre as súas actividades políticas mediante as ferramentas que a rede social permita, así como proporcionar información de actualidade política e social de interese público.

Os usuarios deben ter en conta que o uso destas redes sociais está suxeito as súas respectivas condicións de uso e políticas de privacidade das plataformas. “BNG” recomenda a revisión das devanditas condicións e políticas antes de usalas.

En ningún caso “BNG” extraerá datos das redes sociais, a menos que se obtivese puntual e expresamente o consentimento das persoas interesadas para iso.

Transferencias Internacionais de Datos

“BNG” non prevé transferencias internacionais dos datos dos seus usuarios para tratamentos con finalidades propias. No suposto de que nalgún caso sexa necesario transferir os datos a terceiros países u organizacións internacionais, este feito será informado aos usuarios ademais de facela mediante garantías axeitadas segundo o esixido polo RGPD.

Confidencialidade

A información proporcionada polo Usuario terá, en todo caso, a consideración de confidencial, sen que poida ser utilizada para outros fins distintos aos aquí descritos. “BNG” obrígase a non divulgar nin revelar información sobre as pretensións do Usuario ou a duración da súa relación con este.

Validez

Esta política de privacidade e de protección de datos foi redactada a día 4 de Xuño de 2025, e poderá variar en función dos cambios de normativa e xurisprudencia que se vaian producindo, sendo responsabilidade do titular dos datos a lectura do documento actualizado, en orde a coñecer os seus dereitos e obrigacións respecto diso en cada momento.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG