Reforma laboral
Novas
Néstor Rego

BNG exixe ao Goberno español avanzar na derrogación da reforma laboral do PP

Néstor Rego reclama a PSOE e Unidas Podemos que o Real Decreto Lei sexa tramitado como Proxecto de Lei para poder introducir mudanzas que recuperen dereitos para os traballadores e traballadoras.

A frente nacionalista demanda recuperar a indemnización de 45 días por despedimento, a autorización administrativa dos EREs ou a prevalencia dos convenios provinciais e autonómicos sobre os estatais e os de empresa.

Ler novas
Novas
Encontro CIG e BNG

BNG e CIG censuran a “non derrogación” da reforma laboral do PP e critican ao Goberno por manter os seus aspectos máis lesivos

O Bloque traballará para que o Real Decreto do Executivo central se tramite como proxecto de lei e acadar  así a derrogación íntegra da reforma do PP  

Pontón reproba a PSOE e Podemos que manteñan os aspectos máis lesivos da reforma: “un decreto decepcionante, un parche, un compromiso incumprido  e unha claudicación ante a patronal e Bruxelas”, conclúe

Rego subliña que, se o Executivo estatal quere, existe unha maioría no Congreso que posibilitaría a derrogación total

Carril advirte que a modificación lexislativa pivota sobre un despedimento case libre e un marco de permanente temporalidade e precariedade  

Ler novas
Novas
Néstor Rego

BNG denuncia no Congreso a non derrogación da reforma laboral

Rego reclama ao Goberno que rectifique e elimine os elementos profundamente lesivos da reforma do PP que o acordo mantén

O deputado nacionalista alerta que, se non houber posición crítica desde o soberanismo e a esquerda, a decepción e o descontento social polos incumprimentos dos partidos Goberno pode ser capitalizado pola ultradereita

Ler novas
Novas
Néstor Rego

O BNG insta o Goberno español a derrogar con urxencia a reforma laboral para salvar os postos de traballo en Alcoa

O BNG cre que aínda que a derrogación íntegra da reforma laboral segue sendo necesaria, é imprescindíbel realizar con urxencia unha reforma lexislativa para recuperar a autorización administrativa dos EREs como antes de 2012.

Néstor Rego: “Precísase unha reforma urxente deste aspecto concreto da reforma laboral, para así garantir que os despedimentos colectivos deban ser negociados e a autorización administrativa sirva de medida presión sobre a empresa para evitar casos como o posíbel despedimento de máis de 800 persoas en Alcoa”.

Ler novas