BNG reclama axudas compensatorias para os mariñeiros mentres dure a veda do polbo

Rosana Pérez
Rosana Pérez
Rosana Pérez salienta que o polbo representa o 70% dos ingresos do sector é a veda deste recurso, do 1 de maio ao 5 de xullo,  hai que sumar  as consecuencias da pandemia e as restricións

A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez rexistra unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar “axudas compensatorias” para os mariñeiros mentres dure a veda do polbo.

A nacionalista pregunta polas conclusión do estudo sobre este recurso e que valoración fai a Xunta ante as repercusións económicas pola  escaseza de polbo mas capturas nas costas galegas durante o ano 2020 así como polos  efectos da pandemia no sector.

A deputada explica que no pasado mes de outubro, o Grupo Parlamentar do BNG trasladaba ao Parlamento galego, a través de diferentes iniciativas,  a grande preocupación de moitos mariñeiros tras  “a nefasta campaña do polbo do pasado verán con apenas o 10% das capturas dos últimos anos”.

Pechado o ano 2020 e a día de hoxe, asegura a deputada,  os datos “son moi alarmantes”.  As vendas nas lonxas galegas diminuíron un 60%, a facturación fíxoo nun 40% e das máis de dúas toneladas capturadas no 2019, apenas  foi capturada una  no 2020.

A Consellería do Mar, pola súa parte, explica Rosana Pérez, remitiu  unha resposta escrita ao grupo parlamentario do BNG  no mes de febreiro, asegurando que estaba  a traballar en tres liñas: 1º.- Que por parte  Federacións procederíase a manter xuntanzas para presentar propostas  sobre a revisión do plan , número de nasas e período de veda e control. 2º.-Desde a Consellería procedeuse a analizar as ferramentas legais que permitan establecer paralizacións temporais e  reforzo do control e 3º, a Consellería  do Mar procedeu  a analizar as causas na diminución das capturas de polbo deste ano. A maiores, foi  realizado un estudo sobre o estado do recurso e un dos datos importantes é que  o valor da clase máis pequena de polbo capturado (<250g) é o máis alto de tódalas campañas anteriores, e por iso é necesario  unha regularización até que acade a talla comercial.

Por outra banda, a nacionalista engade  que  o Plan experimental para a xestión do polbo con nasa para a campaña 2020/21, recolle que o ciclo vital do polbo, aproximadamente  de dous anos e cun  período reprodutivo  na primavera, sendo o recrutamento do recurso  na primavera-verán do ano seguinte.

Neste sentido, a deputada asegura que en pleno mes de abril non se coñecen as conclusións do estudo nin as medidas que se propoñen aínda que  Comisión do Polbo chegou a un consenso co sector para acordar unha “veda dende o 1 de maio até o 5 de xullo”.

A deputada remarcou que o polbo supón o 70% dos ingresos do sector é a veda deste recurso hai que engadir as consecuencias da pandemia e as súas restricións, circunstancias, que ao seu entender fai necesario un “compromiso da consellería do Mar para establecer axudas compensatorias para os mariñeiros mentres dure a veda desta especie”
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG