Traballo e rigor serán os piares nos que se asente o novo goberno do Rosal liderado por Ánxela Fernández

Encontro co goberno municipal do Rosal
Encontro co goberno municipal do Rosal
Ana Pontón mantivo un encontro coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e o seu goberno municipal

Tras felicitar a rexedora do Rosal que goberna en maioría, a portavoz do BNG mostrouse convencida de que a nova alcaldesa nacionalista responderá con “traballo e rigor” ás necesidades dos veciños e veciñas cun programa transformador como o que se está aplicando nos concellos gobernados polo BNG, entre os que nomeou como referente o concello de Tomiño.

En corenta anos, explicou Pontón , a veciñanza fixo unha aposta polo nacionalismo para colocar “O Rosal no mapa”. Pontón destacou a “marca do BNG” que cando chega ás institucións implanta medidas para dinamizar a económica, defender a cultura e o patrimonio e sobre todo, “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas”.

Encontro coa comunidade de montesPROXECTO TRANSFORMADOR DO BNG NO ROSAL

Pola súa parte, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández atribuíu a vitoria do BNG a un “traballo e ilusión colectiva”. Temos un equipo preparado e xa tomamos as primeiras medidas que propuxemos durante a campaña. Neste sentido, apuntou que o traballo municipal estará centrado na transparencia da comunicación, unha axenda cultural que chegue aos barrios e sobre todo destinada á xente maior. Asemade, engadiu que establecerán consellos municipais para potenciar o traballo asociativo e veciñal, medidas para recuperar os espazos para as persoas, fomentar o comercio e a praza de abastos así como revisar os actuais orzamentos. Finalmente lembrou que grazas á comunicación e colaboración coa vila portuguesa de Caminha iniciaranse experiencias nos ámbitos da cultura e patrimonio.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG