Tereixa Paz pide a Feijóo que deixe de ser "palmeiro" do Goberno do Estado e defenda o leite galego

Tereixa Paz

A deputada pediu ao Goberno de Galiza “plantar cara” a ministra Tejerina e o Goberno do Estado para evitar que o sector lácteo galego corra o risco de desaparecer. A deputada pediu “a insubmisión de Galiza” ante as decisións de Madrid e Bruxelas, contrarias ao sector lácteo galego

Tereixa Paz recrimina ao Partido popular

A deputada do BNG, Tereixa Paz defendeu unha moción para adoptar medidas “urxentes” contra a grave situación que atravesa o sector lácteo e as medidas que figuran no borrador do denominado “Paquete Lácteo”.

A parlamentaria lamentou que, unha vez máis, o Partido popular votara en contra da proposta do BNG que reclamaba garantir un prezo do leite en orixe “xusto” e que cubra os gastos de produción ademais de: “crear a interprofesional de negociación e decisión coa presenza do sector produtor, industria e distribución, establecer os criterios na cadea de valor do leite cun prezo, que en ningún caso, sexa inferior o da produción, garantir a recollida e produción así como priorizar a preservación e recuperación da superficie agraria para a súa incorporación ás explotacións gandeiras”.

Ante a crítica situación do sector lácteo, a deputada pediu a Xunta mostrar a súa “insubmisión” ás decisións do Goberno do Estado e a normativa europea.

O BNG pide medidas urxentes para salvar o sector

A deputada, nunha emocionada intervención, na que advertiu do grave risco de “desaparición” do sector lácteo galego, esixiu encetar as liñas necesarias que conduzan á mellora da nosa capacidade industrial no ámbito de produción de elaborados lácteos e doutros tipos de produtos orientados a mercados emerxentes en terceiros países investindo “fondos públicos”, tanto no PDR como doutros instrumentos financeiros do Goberno galego.

Tereixa Paz

Tereixa Paz instou ao Goberno de Galiza e do Estado a perseguir e “sancionar” as practicas de dumping nas grandes áreas de distribución para evitar que utilicen como escusa o reclamo da “súa venda a perdas”.

A ministra Tejerina vén a Galiza a insultarnos

A situación do sector “é crítico”, remarcou a deputada e explicou que a Xunta o único que fai e insultar aos gandeiros. Non sei que é máis escandaloso, dixo, se comprobar como día a día baixan os prezos que lles pagan aos gandeiros , “xa hai contratos con cantidades por debaixo dos 20 céntimos”, ou a actitude do Goberno. Resulta indignante ter que escoitar, día si e día tamén a cargos da Xunta e do ministerio, dicir que a situación está así “por culpa dos gandeiros” e veña a Ministra Tejerina a Lugo a dicir “que os gandeiros non saben negociar, se non fose tan dramática a situación, parecería un chiste”.

As multinacionais son as que marcan o lei no sector lácteo, “como no far west”. Marcan os presos e as cantidades que pode producir cada gandeiro e agora tamén, en que partes do territorio se pode producir ou non. Xa hai lugares nos que as industrias non recollen leite para aforrar custes. E aínda din vostedes que o paquete lácteo lle da moitas ferramentas aos gandeiros?. “Non teñen vergoña”.

O PP, engadiu, deixa aos gandeiros desamparados ante as grandes multinacionais e “non fai nada”. Nada a pesar de contar cos instrumentos para penalizar o uso como reclamo do leite e a venda a perdas, non fai nada para frear a caída libre dos prezos, non fai nada para que poidan negociar realmente, en definitiva, recalcou, “os gandeiros están ao borde do precipicio e vánlles dar o último empurrón”

“Do Estado nada podemos esperar neste asunto, o lácteo non lles importa e por iso o ministerio ten unha actitude insolvente e insolente e o Sr, Feijoo debería deixar de rirlle as grazas e de facerlle de palmeiro”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG