Segunda dose de AstraZéneca?

Ana Pontón
Ana Pontón
Ana Pontón: "Comparto a perplexidade da maioría da poboación ante os bandazos e as incertezas xeradas arredor da aplicación da segunda dose da vacina"

En relación ao proceso de vacinación e preguntada polos medios, Pontón indicou que compartía a “perplexidade” da maioría da poboación ante os bandazos e as incertezas xeradas arredor da aplicación da segunda vacina ás persoas que recibiron AstraZéneca, “tendo en conta que xa hai semanas que a Axencia Europea do Medicamento se posicionou a favor de que se completase a pauta coa mesma vacina. A quen hai que facerlle caso é aos estudos e as autoridades científicas que, neste ámbito, ten como principal referente á EMA”.

“Hai que acelerar o proceso de vacinación, deixarse de confusións e non facer disto un debate político porque empezamos a ter a sensación de que tras este debate o que se agocha é unha guerra entre farmacéuticas. A vacinación é o mellor e máis seguro camiño para recuperar a normalidade canto antes”, declarou.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG