Representantes do BNG non asistirán aos actos previstos en Tui coa presenza do Rei

Juan Carlos I e Felipe VI (Foto: Casa Real)
Juan Carlos I e Felipe VI (Foto: Casa Real)
As alcaldías nacionalistas das Neves, de Tomiño e do Rosal non participarán neste evento ao considerar a monarquía como unha figura anacrónica e asociada a presuntas irregularidades económicas
Representantes do BNG non asistirán aos actos previstos en Tui coa presenza do Rei

Representantes dos concellos das Neves, de Tomiño e do Rosal, gobernados con alcaldías do BNG, non van asistir aos actos organizados na Comandancia Naval do Río Miño en Tui con participación do Rei de España o mércores 2 de setembro, segundo acordou a Executiva do Bloque Nacionalista Galego.

Deste xeito, as alcaldías nacionalistas destes tres concellos convidadas a participar neste acto non asistirán a este evento ao considerarse desde o BNG a monarquía como unha figura anacrónica e, cada vez, máis asociada a presuntas irregularidades económicas derivadas do abuso e do privilexio dos cargos que ostentan.

O BNG reafirma o seu compromiso coa defensa da Soberanía Nacional e a liberdade da nación galega para se constituír nun Estado soberano, democrático, laico e republicano; a República da Galiza.

 

Representantes do BNG non asistirán aos actos previstos en Tui coa presenza do Rei