Rego considera incualificábel o veto do PSOE para crear a Comisión de Investigación sobre a espionaxe

Néstor Rego
Néstor Rego
A Comisión de Investigación solicitada no Congreso, entre outros partidos, polo BNG non consegue pasar a votación da xunta de portavoces polo apoio do PSOE na dereita e ultradereita

Tras a votación na xunta de portavoces do Congreso da solicitude de creación da Comisión de Investigación, o BNG considera “incualificábel” o apoio do PSOE en VOX, PP e Ciudadanos para que non se constituíra. Avanza que seguirá traballando para esclarecer a verdade sobre os feitos acontecidos no caso da espionaxe ilegal producida a dirixentes políticos.

“O feito de que o PSOE, coa colaboración da dereita e da ultradereita, vetase a creación dunha Comisión de Investigación sobre escándalo de espionaxe a dirixentes políticos co programa israelí Pegasus parécenos absolutamente incualificábel”

Non é de recibo que nun estado que se di democrático e de dereito se produza “unha violación tan flagrante dos dereitos políticos e democráticos de cidadáns e cidadás”. Unha violación, para Néstor Rego, que vulnera o artigo 18 da Constitución que garante a confidencialidade das comunicacións e que o partido do goberno se negue a investigar.

Unha comisión de investigación necesaria para a organización nacionalista. Máxime, cando. Se é verdade, o Presidente do Goberno e a Ministra de Defensa tamén foron espiados “e non resulta ser unha cortina de fume para pretender pasar os responsábeis por vítimas”.

Cando hai unha negativa a investigar e “o PSOE se apoia en PP, VOX e Ciudadanos para evitar esa investigación fica en evidencia que o Goberno Partido Socialista é responsábel dunha actuación claramente irregular e ilegal”.

O BNG, unha das organizacións políticas solicitantes da creación da Comisión de Investigación, anuncia que continuará reclamando para que se esclareza a totalidade do acontecido. “Do contrario, quedaría moito máis en evidencia a baixa calidade democrática do Estado español e a propia actuación do partido do Goberno nesta materia” conclúe.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG