Prospera por unanimidade a iniciativa do BNG para reclamar no Congreso a transferencia da AP-9

Ana Pontón

​A deputada do BNG, Ana Pontón pediu ao Partido popular que "vote o mesmo en Madrid que en Galiza" e que non volva a "traizoar a todos os galegos e galegas"

A parlamentaria afirmou que a AP-9 é todo un símbolo de "agravio" para todos os galegos e galegas e unha demostración de as privatización resultaron "unha estafa" co pago de peaxes abusivas durante 75 anos.

No debate e votación por "unanimidade" á iniciativa do BNG para reclamar ante o Congreso dos deputados a transferencia da AP-9, a parlamentaria pediu ao Partido popular que mantivera o mesmo voto favorable en Madrid que na Cámara galega. Saudamos, dixo, que por primeira vez no Parlamento galego sexa abordada esta transferencia solicitando formalmente a través dunha Proposición de lei para que AP-9 sexa de "titularidade galega".

A nacionalista agradeceu a todos os grupos da Cámara o apoio á iniciativa elaborada e proposta polo Bloque Nacionalista galego porque resulta, dixo, un avance para incrementar o "poder político de Galiza" e da capacidade de poder decidir naqueles asuntos que son fundamentais como a mobilidade no noso territorio.

O PP aplica unha "dobre moral" cos intereses de Galiza

A deputada amosou o seu malestar pola tramitación da lei da que dixo, foi iniciado o seu debate nun pleno o 29 de setembro do ano pasado e tardaron seis meses para poder tramitala, a pesar de contar cunha soa emenda do Grupo popular, na súa opinión, esta circunstancia constata que esta lei non era "unha prioridade" para o Partido popular que finalmente viuse "forzado" a apoiar a proposta do BNG.

A deputada agradeceu a unanimidade á Proposición de Lei do BNG pero lembrou que hai poucos meses, o Partido popular tivo a oportunidade no Congreso dos deputados e deputadas de dar un paso para que esta transferencia fose unha realidade, sen embargo, "votou en contra". O PP, afirmou, ten que acabar con esta "dobre moral" cos intereses do noso país, e non é lícito que se diga aquí unha cousa e en Madrid faga a contraria",se volve a facelo, recalcou a nacionalista, o Partido popular "traizoará a Galiza" e ao noso autogoberno.

Proximamente a lei será debatida no Congreso dos deputados e deputadas e a parlamentaria , Ana Pontón será a encargada da súa defensa en nome do BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG