Presentado o recurso ante o Constitucional polo veto do Congreso a tramitar a transferencia da AP-9

Ana Pontón
Ana Pontón

O BNG formalizou esta mañá a presentación do recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional polo veto do Congreso á Lei de transferencia da AP9 aprobada no Parlamento, ao considerar que ese veto vulnera o dereito dos deputados e deputadas de xeito individual e como Grupo parlamentario ao exercer a representación do pobo galego en condicións de plena igualdade.

O recurso foi presentado en nome da portavoz nacional e portavoz parlamentaria, Ana Pontón, e solicita ao TC a retirada do veto para restablecer os dereitos como deputad@s e como grupo e tamén para restablecer a dignidade do Parlamento galego.

Pontón lamentou que Feijóo non asumira liderar a presentación deste recurso, pero pese á falta de iniciativa do presidente da Xunta, o Bloque non renuncia a conseguir  a transferencia da AP9 como primeiro paso para acabar coa estafa das peaxes.

Desde a súa posta en marcha, as peaxes na AP9 ascenden a máis de 2.500 millóns de euros e o beneficio da concesionaria supera os 900 millóns de euros. Das tres autoestradas coa concesión máxima de 75 anos de peaxe en todo o Estado, dúas están en Galiza, que pese a ter o 6% da poboación soporta o 10% de quilómetros de autoestradas de pago de todo o Estado.

Para o BNG, a  única maneira de facerse respectar é exercer como país e iso é o que pretende coa presentación deste recurso de amparo en defensa dos intereses de Galiza e porque, ademais, considera intolerable nunha democracia que arbitrariamente se veten leis aprobadas polo Parlamento galego. “A esta situación temos que defender a dignidade deste país”, salientou Pontón durante o anuncia deste recurso de amparo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG