parlamento galego

PP vota en contra de ofertar portugués na Escola Oficial de Idiomas de Verín desprezando a máis de 800 persoas que asinaron a demanda

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas, lamentou, que unha vez máis, o Partido popular desoe a petición e obrigue ás persoas interesadas  a desprazarse a Ourense

Reprobou que o PP se escudara na falta de demanda, “sen achegar datos” que a confirmen

Cualificou de “terquedade” do PP  negar a unha parte do país que avance nos servizos públicos e criticou que incumpra as súas propias leis.

A deputada do BNG, Noa Presas, reclamou na Comisión de Educación do Parlamento galego, ofertar a docencia de lingua portuguesa na Escola Oficial de Idiomas de Verín e abrir a pre matrícula.

A proposta do BNG foi votada en contra polo Partido popular impedindo que máis de 800 persoas que asinaron a demanda queden fóra e se vexan obrigadas a recibir as clases en Ourense, a unha hora de distancia en coche.

Para a deputada, a negativa do PP obedece a “terquedade” de querer  negar a unha parte do país que avance nos servizos públicos e criticou que  incumpra  súas propias leis en alusión á Lei Paza Andrade de impulso da lingua portuguesa.

Máis de 800 persoas queren estudar portugués

Na defensa da iniciativa, lembrou que máis de 800 persoas asinaron a demanda e reprobou que o Partido popular afirmara que non existe suficiente demanda que xustifique abrir unha pre matrícula ao que a nacionalista replicou que “dificilmente sen oferta pode haber demanda” e o Partido popular demostra, unha vez máis, o seu descoñecemento. Si queren comprobar que hai demanda, recalcou Presas, “abran a pre matrícula” e constarán  que moitas persoas queren acceder a esta docencia por diferentes motivos. Entre eles, destacou a posibilidade laboral con Portugal.  “Eu mesma, dixo, fun alumna de portugués na escola de idiomas e grazas a iso, puiden traballar en Ourense a distancia con Portugal”. Ao seu xuízo, resulta “absurdo” vivir na fronteira con Portugal e ter que renunciar a un posto de traballo por carecer da certificación do título. Vostedes, “negan este dereito á comarca de Montederrei” e avanzou que o BNG seguirá reclamando  á Xunta de Galiza que incorpore no curso 2023-2024 a oferta educativa da Escola Oficial de Idiomas de Verín a oferta de portugués porque neste  momento só se imparte inglés.

Esta proposta, engadiu a nacionalista,  responde á demanda dos veciños e veciñas da bisbarra coa recollida de máis de mil sinaturas para impulsar a docencia en portugués. Á demanda veciñal, a deputada do BNG sumou a realizada pola Asociación de profesores e profesoras  de lingua portuguesa na Galiza.

O PP non cumpre as súas propias leis

A nacionalista pediu ao Partido popular “unha rectificación” e sobre todo, “que cumpra a lei para o aproveitamento da lingua portuguesa dos vínculos coa lusofonía” coñecida como a lei Paz Andrade. Dende o BNG, dixo, consideramos que resulta urxente, ante o remate do actual curso, abrir unha pre-matrícula para comprobar cantas persoas estarían interesadas e como  “ punto de partida” para que no curso 23-24 incorporar esta oferta porque, reiterou, “existe unha demanda real”.

Para a deputada, é  “unha anomalía” que o estudo do portugués non se normalice sobre todo, “nesta parte do país”, unha zona fronteiriza cun gran dinamismo social e económico coa parte portuguesa.

Os propios solicitantes centraron as súas demandas destacando o carácter fronteirizo coa eurocidade Chaves-Verín, e lembrou que a  eurocidade Valença-Tui xa ten integrado o ensino do portugués polo que preguntou porque “en Tui si e en Verín, non”.

Sobre a Lei Paz Andrade, criticou que a Xunta non a desenvolva, a pesar de ser unha iniciativa popular que contou co apoio de todos os colectivos en densa da lingua e que “despois de dez anos”, o grado de cumprimento “deixe moito que desexar”. Por outra parte, o informe preceptivo sobre a lei “tampouco existe” e a Xunta segue sen aportar datos sobre os centros de ensino que ofertan portugués.

Noa Presas lamentou que na actualidade na educación secundaría só haxa 4.000 alumnos e alumnas, nas Escolas Oficiais de Idiomas pouco máis de mil mentres  en Estremadura esta cifrá alcanza os 20.000 alumnos e alumnas.

Esta realidade responde á “falta de vontade política” e hoxe estamos comprobando como o Partido popular “defende o indefendible” e nega a aprendizaxe da lingua portuguesa a todas esas persoas que demandan este ensi

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG