O PP vota en contra das propostas do seu propio goberno en materia social

Olalla Rodil
Olalla Rodil

O BNG propón que a RISGA sexa compatíbel con outras prestacións e o PP rexeita a iniciativa anunciada pola Xunta en maio pasado

A deputada do BNG, Olalla Rodil defendeu unha proposición non de lei instando á Xunta a, reformar a lei para que  a percepción da RISGA sexa  compatible con outras prestacións, como anunciou o  goberno galego no mes de maio do 2021.

Tras a intervención do portavoz popular, José Alberto Couñago, Rodil acusou ao PP de “falta de interese” para corrixir unha incompatibilidade que prexudica a un gran número de persoas en Galiza e remarcou que existen dúas  leis de acompañamento tramitadas dende que conviven Ingreso Mínimo Vital e a RISGA, a dos orzamentos dos anos 2021 e  2022. Nese momento, o PP podia introducir a  modificación a través dunha lei para rematar con este problema de incompatibilidade pero “non quixeron”, aseverou a nacionalista.

Rodil lembrou que moitas persoas en Galiza viven con 500 euros ao mes e o Partido popular non pode responsabilizar da súa “inacción” a outras forzas políticas e ao Goberno de España para corrixir esta situación. Por outro lado, reprochou ao portavoz popular a súa insinuación de que hai persoas que cobraron as dúas prestacións e non queren devolvelas, isto, recalcou Rodil, “é mentira”.

Hai fogares que  viven con menos de 802 euros ao mes, persoas que viven soas, ou con menos de 1.685 euros/mes dúas persoas adultas e dúas menores de idade ao que sumou   253 mil persoas que  viven en situación de pobreza con ingresos por debaixo de 535 euros ao mes e 1.123 para dous adultos e dous menores.  

Dende o BNG, subliñou, seguiremos reclamando un prazo de tres meses para empezar a tramitar o  proxecto de reforma de lei de Inclusión social de Galiza e reiterou que no mes de maio de 2021, a conselleira de Política Social anunciou que no seguinte trimestre o Parlamento xa comezaría con este trámite. Unha vez máis, dixo, a deputada, constatamos a diferencia entre o que se di e o que se fai ao igual que acontece coa lei do xogo, ou o  rexistro de familias monoparentais pendente de aprobación dende o ano 2010.

O PP, engadiu, “non ten intención nin vontade de converter unha urxencia nunha prioridade política”, a pesar de contar coas propostas da Rede Galega contra a pobreza achegadas na reunión do ano 2020. “Non queren cambiar nada, non queren rematar coa incompatibilidade de compartir a Risga e convertela nunha verdadeira renda que permita a inclusión social e laboral en situación de precariedade, de persoas xubiladas, persoas con rendas mínimas e colectivos de migrantes e mulleres”.

Rodil rexeitou a emenda de substitución presentada polo Partido popular porque no Bloque, afirmou “non estamos en rebaixas e este Paramento tampouco” e insistiu no cumprimento dos prazos anunciados polo propio goberno na Cámara galega no ano 2021. Esa emenda, indicou, “é a mellor proba de que menten cada vez que abren a boca” porque si en maio do ano pasado  a reforma estaba prevista para tres meses,  agora, en xaneiro de 2022 o prazo “parécelles perentorio”. “Deixen de tomarnos o pelo e sobre, non lle lo tomen a todas esas persoas en situación de pobreza e ás que  reciben unha renda que nos lles permite vivir en condicións de igualdade, equidade e xustiza social”.

Estas rendas, recalcou, son un dereito e calquera persoa debe acceder a elas para poder vivir dignamente polo que anunciou que o BNG mantiña o texto integro da súa iniciativa e rexeitaba a emenda do Partido popular.

Rodil lamentou que voto en contra do Partido popular e a abstención do PSOE, impediran  que a iniciativa nacionalista prosperara.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG