O PP vota en contra da iniciativa do BNG para transferir o IMV

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Olalla Rodil propuxo rematar coa incompatibilidade da RISGA e revisar os casos de incompatibilidade co Ingreso Mínimo Vital, con carácter retroactivo e deixando sen efecto a obriga de reintegro na liña marcada polas sentenzas xudiciais

A deputada do BNG, Olalla Rodil defendeu unha batería de medidas destinadas á transferencia do Ingreso Mínimo Vital, avanzar  “na renda única” de Inserción social e laboral, rematar coa incompatibilidade da RISGA e deixar de tratar ás persoas beneficiarias desta prestación como “delincuentes”.

Os votos en contra  do Partido popular impediron que a moción defendida pola deputada do BNG, Olalla Rodil prosperara.

Na súa intervención,   Rodil aludiu ás sentenzas xudiciais sobre o “proceder irregular” da Xunta polo que pediu deixar de tratar ás persoas beneficiarias da RISGA como “delincuentes” xa que foi a Xunta “a que  omitiu o trámite de audiencia durante o proceso de reclamación da persoa interesada” e dispensoulle  un “trato” como se defraudara á administración a pesar de poñer no seu coñecemento en todo momento as   modificacións da súa situación económica,  como  esixe a lei.

Estas persoas, dixo, non cometeron ningunha irregularidade na percepción da prestación, e a Xunta en vez de   tramitar unha compensación pediulle  devolver todo o que cobrara “legalmente” durante 11 meses a unha  persoa  que vive con pouco máis de 400 euros ao mes.

A xuízo da nacionalista, urxe garantir a máxima protección das persoas beneficiarias cun criterio común para todas. Resulta un “auténtico disparate”  o prexuízo que están causando os gobernos, “o español pola lentitude na tramitación do Ingreso Mínimo Vital e a Xunta de Galiza por seguir mantendo a incompatibilidade das dúas prestacións”. Esta situación, recalcou,  está a causar á poboación máis vulnerable un grave dano e o  Goberno español e o galego teñen  “capacidade, e competencia para evitar  esta situación”. 

A deputada reiterou que urxe  acabar coa situación de incompatibilidade entre RISGA e IMV nun tempo concreto e coa máxima celeridade. Ademais, pediu remitir á Cámara, antes de finalizar o actual período de sesións, a reforma da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galiza para garantir a compatibilidade e complementariedade da Renda de Inclusión Social de Galiza (RISGA) co Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Ante unha situación xerada pola “irresponsabilidade da administración” reclamamos a  reforma da lei de inclusión social e transferencia a Galiza do IMV e mentres non se reúna a Comisión mixta de transferencias, “asinar un convenio” convenio de xestión como os que existen en Navarra e Euskadi e como están a traballar coa Generalitat de Catalunya.

Olalla Rodil lamentou que o Partido popular rexeitara reclamar a transferencia do Ingreso Mínimo Vital, impedira compatibilizar o IMV e a RISGA e  avanzar na “renda única” de Inserción social e laboral.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG