O PP veta no Parlamento Galego a proposta do BNG para investigar as causas do baleirado dos encoros

Encoro de Viana do Bolo
Encoro de Viana do Bolo

Noa Presas responsabiliza ás empresas eléctricas, Narturgy e Iberdrola, á Xunta e ao Estado de bloquear a situación e impedir averiguar que pasou

Pregunta ao PP de que “ten medo ou que ten que agochar” para rexeitar a investigación do baleirado dos encoros

A deputada do BNG, Noa Presas defendeu crear unha comisión de investigación para a analizar as causas e consecuencias do baleirado dos encoros, proposta que foi vetada polo Partido popular. A nacionalista  preguntou de que “ten medo ou que ten que agochar” o PP para negarse a investigar o acontecido.

Na defensa da iniciativa, responsabilizou ás “empresas eléctricas, Xunta e Estado” de manter, a día de hoxe, a situación bloqueada a pesar da falta de medidas efectivas por parte das autoridades para evitar que o baleirado volva a repetirse no futuro.

Por outra parte, insistiu en que as informacións das eléctricas, á Xunta e o Estado, “son contraditorias e confusas” ademais dunha “responsabilidade compartida”.

A xuízo da deputada do BNG, o Parlamento galego “ten a obriga” de analizar as consecuencias e responsabilidades ao que sumou  unha compensación polo dano causado. Neste caso, recalcou Presas, “non é un debate de competencias”, o debate radica en se empregamos o “autogoberno” e os instrumentos a nosa disposición para “velar polos intereses de Galiza”.

Esta mesma semana, explicou a deputada, o encoro de Cenza está no 12,50% e o de As Portas nun 14,74% cando hai un ano estaba no 72,20%. “Dende o BNG reclamamos unha comisión de investigación, non de estudo”, porque a Xunta evidenciou “unha mala praxe” ao que engadiu o coñecemento da Xunta e do Estado do que “ía acontecer”. Neste sentido, indicou que “o 10 de xuño e o 12 de xullo había comunicacións de Iberdrola á Xunta e a Xunta non tomou ningunha medida para evitalo, nin para advertir aos concellos e sectores afectados nin para paliar o posíbel dano nos ecosistemas”.

A presión mediática, social e ecoloxista obrigaron á Xunta a saír publicamente  pero despois de dous meses e dez días, aínda non actúo e continúa “facéndolle favores a Iberdrola”. A xunta, sinalou, Presas, “ten competencias para sancionar” polas consecuencias socioeconómicas e medioambientais en Cenza, Portas, en Vilariño de Conso, na Rede Natura.

Noa Presas acusou á Xunta de “ deixadez de funcións” e de favorecer ao “lobby enerxético”. Iberdrola tivo un beneficio neto de 1.531M€ nos seis primeiros meses de 2021 e sóbranlle  1.429 millóns de euros para seguir “machucando este país”. A propia Iberdrola ten aberto un proceso de sanción, pendente da Audiencia Nacional, por alterar o prezo da enerxía no 2013 precisamente por  alterar a capacidade da bacía do Sil.

As eléctricas séntense impunes porque os gobernos permiten esa impunidade adelgazando os mecanismos legais e mirando para outro lado nestas situacións”, afirmou.

A Xunta actuou tarde, non exerceu a súa capacidade inspectora e hai que averiguar se é, “como pago aos abrazos do presidente da Xunta l ao señor Galán no Foro da Toxa ou  por pura incompetencia”.

Ante a escalada  das agresións do lobby eléctrico, este Parlamento ten que estar á altura das circunstancias e defender a dignidade deste país.

A deputada lamentou o voto en contra do PP que impediu crear a comisión de investigación solicitada polo BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG