PP impide que o Consello de Contas audite os contratos da Xunta con Eulen

Alberto Núñéz Feixoo
Alberto Núñéz Feixoo

O grupo popular veta a iniciativa do BNG, rexistrará unha batería urxente de iniciativas para esixir explicacións na Cámara ante un posible trato de favor á empresa da irmá de Feixóo

PP vetou no Parlamento galego a proposta do BNG para que o Consello de Contas realice un informe de fiscalización das contratacións públicas adxudicadas pola Xunta ao grupo empresarial Eulen dende o exercicio 2009.

A formación nacionalista defendeu na comisión permanente para as relacións co Consello de Contas a necesidade de que o máximo órgano galego de fiscalización da xestión económico-financeira do sector público audite as adxudicacións realizadas polo Executivo de Núñez Feixóo dende a súa chegada ao Goberno galego á compañía da que é directiva a súa irmá.

Ante a negativa do PP para que o Consello de Contas realice o correspondente informe de fiscalización, o Bloque presentará unha batería urxente de iniciativas na Cámara galega para esixir explicacións en sede parlamentaria ante un posible trato de favor por parte do Goberno do PP a este grupo empresarial. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG