Olalla Rodil: “Belesar é un exemplo do espolio ao que está sométido o noso país, xerando enerxía e pagándoa a prezo de ouro”

Olalla Rodil e Carme Aira
Olalla Rodil e Carme Aira

O Bloque organizou un acto dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación no encoro de Belesar en Chantada

Cun acto simbólico, no que se depregaron sobre encoro a bandeira da patria e varios lemas, o BNG quixo dar a coñocer o roubo ao que estamos sometidos

O Bloque Nacionalista Galego organizou un acto simbólico en defensa dos intereses produtivos enerxéticos de Galiza, dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega. Ademais de numerosos cargos orgánicos e institucionais contou coa presencia da viceportavoz do BNG e deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, e a parlamentaria Carme Aira.

Para Olalla Rodil “o caso do encoro de Belesar é un dos exemplos máis claros do expólio ao que está sometido o nos país” xa que “a pesar da grande cantidade de enerxía eléctrica que produce, non supón ningún beneficio para a zona nin para os seus habitantes que pagan a luz ao mesmo prezo que en Madrid ou Sevilla”. Rodil aclarou que “as eléctricas son benefeciadas por un goberno do estado centralista que non obriga a un prezo da enerxía en función dos danos que fai nas zonas onde se produce”.

Enconro de BelesarAdemais de criticar ao goberno do estado por pemitir un prezo da enerxía eléctrica desmesurado, o Bloque transmitiu a súa proposta de aplicar un novo plan sectorial eólico avogando pola ordenación e protección do territorio, no que os beneficios da produción repercutan na sociedade, a través da creación dunha empresa pública galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz das galegas e os galegos.

Olalla Rodil sinalou neste acto que o boom eólico que se esta a producir en Galiza reponde aos “plans das grandes multinacionais para espoliar a nosa riqueza, desde Abadín até Pedrafita existen proxectos que afectan a milleiros de persoas” ao que subliñou a afinidade do Partido Popular co empresariado deste sector “mentras Feijóo abraza aos lobby's eléctricos ou a ex-conselleira Beatriz Mato está na dirección de Greenalia, as galegas e galegos sofremos a factura da luz máis cara do Estado sendo produtoras” dixo Rodil.

Encoro de BelesarNesta liña, a nacionalista destacou que “este boom tiguido de falso verde quere saquear Galiza, desde o BNG propomos desenvolver un modelo sustentábel, xusto coa sociedade, aplicando medidas como unha tarifa galega que abarate a factura, que o rural sexa compensado polo impacto destas instalacións como merece e non se determine a súa expulsión do territorio e que se vinculen os puntos de produción con proxectos industriais”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG