Xerais 2019

Néstor Rego comprométese en Ferrol a reclamar no Congreso que Defensa pague os impostos na cidade

Néstor en Ferrol
Néstor en Ferrol

Avoga por derrubar a muralla e abrir Ferrol ao mar

O candidato á Alcaldía, Iván Rivas  denuncia que a dependencia de Ferrol ao estado leva ao concello ao suicidio urbanístico, económico e social

O candidato do BNG, Néstor Rego comprometeuse hoxe en Ferrol a reclamar no Congreso que o Ministerio de Defensa pague os impostos na cidade. Rego afirmou que o Ministerio de Defensa debe cumprir “igual que todas as persoas, empresas e institucións coas súa obrigas tributarias co concello de Ferrol”.

Nun encontro co portavoz municipal e candidato á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas, Néstor Rego recalcou que a limitación de ingresos lastra a operatividade do concello de Ferrol e o Ministerio de Defensa non pode “condicionar o desenvolvemento urbanístico cunha ocupación do 20% do espazo urbano de Ferrol”.

Por outra parte, tamén se referiu a muralla que impide que Ferrol poida “abrise ao mar” e dende o BNG, dixo, avogamos por derrubar a muralla e esa  será unha exixencia que tamén defenderemos no Congreso, avanzou.

Dende o punto de vista económico, Rego apostou por incorporar de maneira decidida “a construción naval civil” en Navantia evitando a “dependencia permanente de decisións militares”. Para o candidato do BNG ao Congreso, unha institución pública como o Ministerio de Defensa non pode entrar en operacións de tipo “urbanístico especulativo” e debe facilitar xunto a  administración local, unha dinámica para o desenvolvemento urbano” que favoreza os intereses socias para alén, por outro lado  de “seguir engordando a burbulla inmobiliaria” porque  dada a dinámica demográfica de Ferrol “carece de sentido”.

O noso compromiso no Congreso dos deputados será, en colaboración co BNG de Ferrol e institucións da cidade e comarca, “defender os intereses de Ferrol e buscar alternativas aos seus problemas, concluíu.

FERROL NON PODE SEGUIR CONDICIONADO POLO ESTADO

Pola súa parte, o candidato á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas explicou que a relación do Estado coa cidade de Ferrol é transcendental  porque condiciona o seu desenvolvemento “urbanístico” cun convenio pendente hai máis de vinte anos grazas á “complicidade” dos goberno locais  sobre a propiedades que posúe o  Estado no concello e que “non son poucas”.

Rivas, na liña de Néstor Rego, reiterou que o Ministerio de Defensa condiciona o ámbito económico a través da ocupación pola que o estado  non compensa aos veciños e veciñas. Ademais, dixo, temos o condicionamento dunha empresa pública, Navantia, controlada polo Ministerio e que na actualidade depende de que “un almirante” decida que as F110 inicien o camiño da súa execución. Rivas denunciou as diferentes reestruturacións coa conivencia das forzas políticas do concello que dende hai anos, explicou non mostraron interese por mudar a situación. É fundamental, a presenza do BNG no Congreso para visibilizar a dependencia do concello co estado que está levando a  Ferrol ao seu “suicidio urbano, económico e social”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG