Davila asegura que BNG emendará a Lei de Cadena Agroalimentaria para garantir prezos do leite xustos

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, mantivo esta mañá un encontro na sede nacional do BNG con representantes dos sindicatos agrarios: Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores para analisar o proxeto de lei de Cadena Agroalimentaria.

A principal preocupación dos sindicatos labregos, e a pesar das promesas gubernamentais, é a comprobación de que este proxecto de lei non contempla medidas que garantan que o prezo do leite en orixe sexa superior aos custes de producción. Este proxecto de lei que entrou en tramitación no Congreso non resolve o principal problema que afecta ao sector lácteo galego e que son os baixos prezos que perciben pola venda do leite ás industrias.

A deputada do BNG puxo de manifesto que o prazo de presentación de emendas ao proxecto de lei de Cadena Agroalimentaria remata o vindeiro 12 de marzo, e asegurou que o BNG vai rexistrar unha serie de emendas para mellorar a lei e, sobre todo, para que se solucione este tema, para que os “nosos gandeiros non reciban un prezo inferior aos custes de producción”.

O Goberno prometeu resolver o problema dos prezos na lei “pero non fixo nada”

Criticou Davila que o Ministro Cañete anunciase en varias ocasións que esta cuestión se resolvería na tramitación desta lei, pero “comprobamos con decepción que non hai nada de nada, promesas incumpridas”. Ademáis, tamén salientou o feito de que o Presidente da Xunta, o Señor Feijoó, asegurase no seu día que ía facer alegacións ante o Goberno central “máis vemos que tampouco fixo nada”.

A parlamentar nacionalista anunciou que “o BNG si se vai preocupar por esta cuestión que afecta de cheo aos nosos productores lácteos, e emendaremos a lei para mellorala na súa tramitación”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG