Congreso

Congreso aproba as medidas do BNG para frear a deslocalización de empresas e protexer o sector da automoción na Galiza

Néstor Rego
Néstor Rego

O PP veta a proposta do BNG de impulsar un Plan Industrial na Galiza que propicie unha industria da automoción xeradora de emprego

“Fomentar a instalación de novos proxectos industriais relacionados coa automoción e novos modelos máis sustentábeis que permitan crear emprego” medidas do BNG aprobadas

O BNG consegue impulsar a concreción do proxecto anunciado para a implantación dunha fábrica de pneumáticos no Concello das Pontes

O Bloque Nacionalista Galego vén de aprobar unha batería de medidas que debe realizar o Goberno do Estado -en colaboración coa Xunta de Galiza dentro das súas respectivas competencias- para impulsar o sector da automoción na Galiza e frear a perda de peso e os postos de traballo.

O deputado nacionalista pon en valor a aprobación de varios puntos da iniciativa entre os que se atopaba “adoptar medidas que freen o proceso de deslocalización, principalmente a Portugal e Marrocos, de boa parte da actividade auxiliar para abaratar custos, ao tempo que aplican rebaixas salariais e nas condicións laborais”.

Paralelamente, Goberno e Xunta deber fixar compromisos e exixir corresponsabilidade ás empresas que reciben financiamento público para o mantemento do emprego e para apostar por proxectos de fabricación de novos modelos, menos contaminantes e con maior valor engadido que permitan garantir a creación de postos de traballo en todo o tecido industrial, especialmente nas empresas auxiliares e de compoñentes.

“Fomentar a instalación de novos proxectos industrias na Galiza relacionados coa automoción, sendo fundamental contar cunha planta de baterías que permita lograr a competitividade do sector na fabricación de coches eléctricos; así como tamén plantas de fabricación de novos compoñentes para os vehículos eléctricos. E negociar e atraer novas compañías do ámbito internacional dentro do sector da automoción e da fabricación de coches eléctricos que buscan neste momento a expansión para súa instalación na Galiza” recollen dous dos puntos aprobados da iniciativa nacionalista.

Por outra parte, a organización nacionalista consegue sacar adiante mellorar a interrelación da formación profesional pública coas necesidades do sector e a adaptación da clase traballadora galega á nova realidade tecnolóxica, así como “apostar pola integración laboral de persoas con capacidades distintas na cota de reserva das empresas”.

Os partidos estatais rexeitan a participación pública e o Plan Industrial para a Galiza

Lamentabelmente, tanto Partido Popular como Partido Socialista non apoiaron medidas “estratéxicas para impulsar o sector da automoción na Galiza” como a necesidade de promover un Plan Industrial na Galiza que propicie unha automoción forte. Así mesmo, PP e PSOE votaron en contra de que as administracións públicas -Goberno e Xunta- participen de forma directa ou a través de empresas mixtas na constitución de novos proxectos industriais en sectores estratéxicos como a automoción ou as redes de comercialización.

Paralelamente, e sumado ao resto de forzas de obediencia estatal, rexeitaron a proposta nacionalista de estabelecer un novo marco regulador da enerxía máis xusto e estábel a través dunha Tarifa Eléctrica Galega. “Isto faría a industria galega máis competitiva, garantindo prezos menores por ser territorio produtor excedentario de enerxía” sinala.

Por último, non apoiaron a necesidade de facilitar o rexuvenecemento dos cadros do persoal co mantemento do dereito á xubilación parcial desde os 60 anos ara todos os colectivos que permita novas incorporacións, especialmente da mocidade.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG