Congreso aproba, a iniciativa do BNG, instar o Goberno do Estado a actuar salvar o sector naval de Vigo

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego: “É unha proposta necesaria para garantir a reactivación industrial e o futuro da cidade que vén actuando como motor económico e industrial na Galiza”

A iniciativa procura reverter unha crise económica que deixou polo camiño 5.700 empregos destruídos en doce meses, segundos datos da EPA

A Comisión de Industria, Comercio e Turismo do Congreso aproba unha iniciativa impulsada polo BNG para que o Goberno do Estado active medidas para atallar a grave crise do sector naval de Vigo. O deputado do BNG, Néstor Rego, consegue o apoio a unha iniciativa que busca asegurar a continuidade de Barreras e recuperar a actividade en Vulcano (agora San Enrique). A proposta, que incorpora achegas de diferentes grupos políticos como PSOE, UP e PP, contou con 30 votos a favor dos 35 da Comisión.

Os puntos aprobados, en que se insta o Goberno do Estado a:

  1. Impulsar a adopción das medidas necesarias para garantir a continuidade da actividade do estaleiro Barreiras e a continuación da mesma no antigo  Vulcano, así como para dar resposta á grave crise que padece o conxunto do sector naval de Vigo, accións que deberán ser desenvoltas de forma coordinada coa Consellería de Industria da Xunta de Galicia.
  2. Estudar un instrumento de colaboración público-privada entre os distintos estaleiros, empresas auxiliares e empresas transformadoras do metal na Ría de Vigo, para establecer sinerxias que permitan o desenvolvemento de proxectos, procesos e investimentos comúns.
  3. Impulsar un  PERTE específico para o sector naval e as industrias auxiliares no marco dos fondos europeos  NEXT Generation  EU que permita unha transformación verde e dixital do sector e unha diversificación da súa actividade cara á fabricación de produtos desde unha perspectiva máis sostible e incluír á Administración Galega nas reunións que poidan promover co sector para a definición e alcance das axudas en favor da reactivación e modernización desta cadea de valor estratéxica.
  4. Promover #ante a Comisión Europea a correspondente proposta de modificación do Real Decreto de delimitación da zona de promoción económica para Galicia, e así incluír ao naval entre os sectores  promocionábeis conforme á normativa de axudas rexionais. E unha vez obtida a autorización da Comisión, aprobar un novo Real Decreto no que se faga constar ao sector naval como  promocionábel.
  5. Colaborar na procura e identificación de posibles socios investidores para facerse cargo da continuidade do estaleiro de Barreiras poñendo á súa disposición todos os instrumentos de financiamento e apoio de que se dispoñan.
  6. Continuar mantendo unha comunicación co sector naval e impulsar, se así o require o sector, a creación dunha Mesa do Naval, coa participación de todas as administracións, así como das organizacións sindicais e empresariais máis representativas para buscar solucións efectivas que garantan a viabilidade e continuidade do sector naval no noso país.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG