Comunicado da Executiva nacional a respecto da resolución do "Caso Bateragune" feita polo Tribunal Supremo

Bateragune. Foto: @ehbildu
Bateragune. Foto: @ehbildu

Ante o anuncio realizado por parte do Tribunal Supremo de volver xulgar o coñecido como “Caso Bateragune” a Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego quere manifestar que:

  1. Esta nova causa, en termos xurídicos, é unha aberración. Tras a sentenza do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo que anulaba a anterior sentencia por entender que non se garantira un xuízo xusto, agora o Tribunal Supremo, en contra dun principio xurídico básico, como o é o dereito a ser xulgado dúas veces por un mesmo presunto delito (máxime se ademais temos en conta que se cumpriron as penas íntegras), ordena repetir o xuízo.
  2. Trátase, de novo dun xuízo político que trata de criminalizar o soberanismo e que entronca con outros procesos xudiciais abertos contra militantes e organizacións soberanistas de Galiza e Catalunya.
  3. A vinganza e o asañamento non son compatíbeis coa administración de Xustiza e a criminalización e persecución do politicamente discrepante non é compatíbel coa Democracia.
  4. Por último, desde o BNG queremos amosar a nosa solidariedade coas cinco persoas encausadas no “caso Bategune” e reafirmar a necesidade de buscar vías políticas para a resolución dos conflitos políticos, nomeadamente o que representa o exercicio do dereito de autodeterminación das nacións sen estado que conforman hoxe o estado español.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG