galegas 2024

Comprometémonos coa igualdade e os dereitos LGBT+

Daniela Ferrández, Ana Pontón e Iria Carreira
Daniela Ferrández, Ana Pontón e Iria Carreira
Ana Pontón asegurou hoxe que, cando sexa presidenta, cumprirá as medidas recollidas nun decálogo que garanten importantes avances para o colectivo.

Aquí están as 10 medidas que porá en marcha desde o seu goberno:

  1. Accesibilidade, acompañamento, orientación e apoio por parte da Administración Pública Galega sen importar en que punto do país residas.
  2. Educación inclusiva que dea cabida a todas as realidades, libre de violencias e acoso LGBTIfóbico.
  3. Cultura diversa que dea voz ás realidades LGBT+, sen deixar de valorar ás profesionais culturais do colectivo que traballan e producen en Galiza.  
  4. Unha Galiza sen medo, cun plan galego contra os delitos de odio baseado no acompañamento e o apoio ás vítimas.
  5. A formación en diversidade un dos piares do sector público, reducindo así posibles prexuízos e discriminacións na atención personalizada.
  6. Recoñecemento e despatoloxización das persoas trans e non binarias, ampliando a lexislación existente para blindar os dereitos do colectivo LGBT+.
  7. Un envellecemento digno en liberdade e comunidade para as persoas LGBT+.  
  8. Recuperar e celebrar a memoria da diversidade sexual e de xénero en Galiza.
  9. Saúde integral e sen estigmas para as persoas LGBT+ en Galiza, mellorando a formación do personal sanitario e garantindo protocolos non patoloxizantes para as persoas trans.
  10. Combater a pobreza e a precariedade xerada pola discriminación estrutural, especialmente das persoas trans e non binarias.
Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG