XVIII Asemblea Nacional

Tres candidaturas concorren á XVIII Asemblea Nacional do BNG que se celebra o 1 de decembro en Santiago

XVI Asemblea Nacional
XVI Asemblea Nacional

O BNG pecha o proceso preasembleario coa presentación de tres candidaturas á XVIII Asemblea Nacional que terá lugar o vindeiro 1 de decembro en Santiago de Compostela, cita coa militancia que se celebra coincidindo co seu mellor momento social e electoral. As tres candidaturas presentadas están encabezadas por Ana Pontón, actual portavoz nacional; Noa Presas, deputada no Parlamento galego; e Gustavo Barcia, portavoz municipal no Concello de Mos.

O Bloque chega a esta XVIII Asemblea Nacional, que leva por lema Coa túa forza Galiza gaña, logo dun debate participativo ao longo de todas as comarcas do País e na diáspora sobre o rumbo político, estratéxico e organizativo a desenvolver nos próximos anos, que será definido o 1 de decembro na cita asemblearia.

Así pois, a formación nacionalista debaterá e aprobará as grandes liñas que marcarán o seu proxecto de futuro co obxectivo de seguir ampliando a súa base social para liderar en 2027 a transformación dos concellos e en 2028 o Goberno galego.

Neste sentido, a organización mostra o seu convencemento de que mantendo a liña política seguida nos últimos anos, baseada en facilitar respostas e alternativas aos problemas da xente no seu día a día e na defensa dos intereses e do futuro do País, o BNG non ten ningún límite e pode chegar a electorados de moi diferente natureza.

Por iso, coa nova etapa que comezará despois da asemblea, a formación nacionalista reafirmará o seu compromiso de seguir estando á altura de todas as esperanzas e de todas as ilusións que foi capaz de xerar na sociedade galega.

RELACIONADO

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG