BNG vota en contra da a lei de universidade privada do PP por elitista, excluínte e beneficiar a ABANCA

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo

Manuel Lourenzo reprocha a intención do PP de crear “unha lei” para beneficiar a Escotet e cuestiona “este premio” despois de agasallar con máis  oito mil millóns de euros á  banca para o seu rescate

Cualifica de “indecente” que ABANCA utilice o dereito á educación para facer “negocio”

BNG rexeitou o  proxecto de lei do Partido popular para creación  da universidade privada “Universidade Intercontinental del la Empresa”, polo seu carácter “elitista e excluínte” e beneficiar os “intereses “ de  ABANCA. O texto continuará o seu debate parlamentario con votos en solitario do Partido popular.

O parlamentario do BNG, Manuel Lourenzo reprochou ao Partido popular a súa intención de crear “unha lei” para beneficiar ao Presidente de ABANCA,  Juan Carlos Escotet e cuestionou “este premio” despois de regalar máis de 8 mil millóns de euros para rescatar á banca.

Tras pedir a retirada da lei, Lourenzo lembrou  que os reitores das universidades públicas galegas, o voto particular das asociación sindicais e os colectivos estudantís pronunciáronse en contra do proxecto que só conta co apoio do Partido popular para beneficiar a Escotet e “privatizar a universidade.

11.800 euros por mestrado

Por outra banda, criticou o anuncio de novos perfís profesionais da nova universidade privada  aos que a universidade pública, afirmou,  non ten acceso as reducida a oferta de mestrados cando “centos de estudantes de mestrado de educación deben  matricularse en universidades privadas españolas porque o sistema público galego os expulsa”. E cal é a alternativa, preguntou,  fortalecer os mestrados no ensino público? pois non, a alternativa que lles ofrecen é “unha universidade privada e poñer por diante 11.800 euros para os e as estudantes que queiran optar a unha praza destes mestrados”.

O deputado do BNG recalcou que as titulacións deben ter un carácter complementario e non reiterativo, sen embargo, explicou, isto non ocorre con Administración de dirección de Empresas que  conta con esta  titulación na universidade pública e agora tamén na futura privada. Ademais, engadiu,  os doutores deben contar co sexenio activo para impartir programas de doutoramento na universidade pública, requisito que non se exixe na universidade privada. O nacionalista tamén aludiu aos informes da Secretaria Xeral da Universidade, cunha terminoloxía, a xuízo do deputado, “impropia e nada rigorosa” e resultando un  “un panexírico” da  universidade privada. Os mesmos informes que “impiden ampliar as prazas e titulacións  na universidade pública” recalcou Manuel Lourenzo.

O deputado reiterou que o alumnado que opte a esta  universidade privada  debe  pagar 8.000 euros ao ano. Na súa opinión, esta condición pon en entredito “a igualdade de oportunidades” e cualificou de “indecente” que a mesma empresa á lle regalaron oito mil millóns  de euros para o seu recate  é novamente agasallada coa  xestión dos fondos europeos e, a maiores,  pretende facer un negocio coa educación. Resulta “indecente” que ABANCA pretenda negociar tamén  co dereito á educación polo que volveu a pedir a retirada da proposta de lei.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG