BNG urxe ao director xeral da CRTVG a promocionar, impulsar e programar cinema galego na Televisión de Galiza

María Albert
María Albert
Albert criticou que o cinema producido en Galiza “funcione ben en salas, en plataformas e que teña recoñecemento internacional mentres sorprende que na nosa televisión non teñan audiencia acorde co que ocorre no resto do Estado, algo faremos mal” e emprazou a Sánchez Izquierdo a mellorar as relacións da CRTVG co sector do audiovisual

O BNG emprazou ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a mellorar as relacións da Corporación pública co sector audiovisual galego e a promocionar e impulsar o cinema propio, actualmente desprazado dos horarios de captación de maior audiencia na grella televisiva.

“Cando temos falado aquí de cinema galego vostedes sempre aluden ao que o cinema galego non ten audiencia, mais non aporta os datos desagregados”, denunciou a portavoz para a CRTVG, María González Albert, que esixiu ao director xeral dos medios públicos “ser máis ambicioso no impulso do cinema galego”.

Albert criticou que a TVG escolla emitir os filmes a horas de baixa audiencia, xa entrada a noitiña, que contrasta cando os medios públicos galegos escollen emitir o cinema galego en horas máis accesibles, como o chamado access prime time como foi o caso do filme “Cuñados” tivo unha moi boa audiencia. Quedan claros os bos resultados que da o cinema galego cando se aposta na CRTVG por el”, declarou.

“A Televisión de Galiza desembolsa diñeiro de todos os galegos e galegas a este sector, é interesante ver que cambios podemos levar a cabo para que esa audiencia medre”, advertiu a deputada do BNG, xa que este cinema galego acada éxito xa que as súas creacións “funcionan ben en salas, en plataformas e que teñen recoñecemento internacional, polo que sorprende que na nosa televisión non teñan audiencia acorde co que ocorre no resto do Estado”, criticou, unha situación que evidencia que “algo está a facer mal” a CRTVG respecto da súa estratexia co audiovisual.

Albert emprazou a Sánchez Izquierdo a traballar a favor “dunha CRTVG que serva para que o noso cine se vexa, para que se vexa o cine de aquí, aquí”, xa que se trata dun sector que “precisa deses medios públicos na produción e, tamén, na difusión, ao público que ten que chegar a el”, fronte ao cal non se entenden atitudes da propia Corporación como a supresión da súa carteleira na web, recriminou.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG