O BNG traslada ao Parlamento o ERE de Ferroatlántica nas plantas de Cee e Sabón

Noa Presas
Noa Presas

O BNG propón a intervención pública e pregunta á Xunta se ten aberta unha mesa de negociación ou estuda reverter as concesións públicas ao grupo de Villar Mir

O BNG leva ao próximo pleno a situación de Ferroatlántica, unha das industrias electrointensivas en Galiza que ten unha parte moi relevante dos seus custos de produción no consumo enerxético, o que está a xerar unha grande inestabilidade, tanto polo alto prezo da enerxía como pola incerteza do  sistema de interrumpibilidade.

Neste contexto, a dirección de Ferroatlántica vén de anunciarlle ao seu cadro de persoal nas plantas de Sabón  e de Cee alegando o malo resultado da poxa, pese que se trata dunha empresa que obtén parte dos seus importantes beneficios anuais grazas á explotación dos recursos naturais do país, como é mina de Serrabal ou a explotación dos saltos hidroeléctricos do Xallas.

Ante esta situación excepcional de regulación de emprego nos citados centros de produción, o Bloque considera necesaria “a intermediación por parte das administracións para evitar que o modelo de industria colonial que se ten aplicado, sumado ao irracional sistema de xestión eléctrica, supoñan novas perdas en materia de emprego e tecido industrial”, explica na iniciativa parlamentaria que será debatida no pleno da vindeira semana.

Na sesión plenaria, o BNG interpelará  ao Executivo de Feixóo para que explique que actuacións adoptou ou vai tomar ante os anuncios de EREs nas factorías que Ferroatlántica ten en Sabón e CEE, que valoración fai a respecto do actual sistema de ininterrumpibilidade e dos custes enerxéticos para estas empresas nun país produtor neto de electricidade, e tamén se considera que os expedientes de regulación de emprego teñen encaixe coa explotación de recursos naturais do pais que fai a multinacional, tanto a través da mina como dos saltos hidroeléctricos.

Igualmente, o Bloque quere que a Xunta aclare en sede parlamentaria se ten previsto algunha mesa de negociación co grupo de Villar Mir ou mesmo se analiza a reversión das concesións públicas ante os axustes que a multinacional fai en termos de emprego.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG