O BNG de Sanxenxo presenta unha moción para retirar o nome de “Juan Carlos I” ao porto deportivo

Porto deportivo de Sanxenxo
Porto deportivo de Sanxenxo
A organización nacionalista propón retirar o nome do Borbón, defenestrado por supostos casos de corrupción, na práctica corroborados pola propia Casa Real, por outro nome que teña un maior apoio e consenso social entre a veciñanza de Sanxenxo

A fiscalía suíza está a investigar unha conta bancaria do Banco Mirabaud, banco que ten a súa sede no paraíso fiscal de Bahamas. Nesa conta, o goberno de Arabia Saudí tería transferido 100 millóns de euros do rei saudí daquel entón Abdul Aziz Al Saud. O titular de esa conta sería a sociedade instrumental panameña Lucum Foundation, da que sería beneficiario o antigo Xefe do Estado e actual rei emérito, Juan Carlos de Borbón.

Despois do escándalo da cacería de Botswana do rei emérito, o Banco Mirabaud puido instalo a pechar a conta, cousa que fixo transferindo 65 millóns de euros a Corina Larsen e un millón de euros a outra muller que reside en Xenebra.

As investigacións indican que estas transaccións estarían vinculadas con unha actividade comisionista vinculada ao contrato de 6.300 millóns de euros do AVE á MECA que foi adxudicado a varias empresas españolas, deixando ao descuberto non só os negocios ocultos do rei emérito senón que tamén sinalan a un posible delito de branqueo de capitais.

Nese momento, tamén foi desvelado que o actual Xefe do Estado, Felipe de Borbón, constaba como beneficiario de estes cartos de dubidoso orixe, de dubidosa legalidade e dubidosa lexitimidade.

Tras darse a coñecer todos estes escándalos, foi xa a punta do iceberg cando o domingo 15 de marzo (en pleno decreto de estado de alarma por unha terrible pandemia) o actual Xefe do Estado, Felipe de Borbón comunicou vía comunicado da Casa Real a súa renuncia á suposta herdanza do seu pai que viñera de calquera negocio irregular, ao mesmo tempo que anunciaba a retirada da asignación anual do rei emérito, iso si, o actual Xefe do Estado xa era coñecedor de que el tamén era beneficiario de estes fondos dende facía, polo menos, un ano. Aínda que legalmente non pode haber unha renuncia a eses fondos ata que o rei emérito faleza, esa comunicación formal do actual rei, ven a ser unha confesión en toda regra das prácticas do seu pai, poñendo máis en dúbida e ensombrecendo aínda máis esta obsoleta institución.

Tendo en conta todas estas últimas informacións sobre as prácticas corruptas de Juan Carlos de Borbón no ano 2010 cando aínda era Xefe do Estado, as prácticas corruptas xa demostradas polo seu xenro Urdangarín, a pouca credibilidade que queda nunha monarquía profundamente desprestixiada, anacrónica e impropia de un sistema democrático, e tendo en conta que non condenar estas condutas e permitilas e amparalas é lexitimar socialmente a corrupción, dende o BNG de Sanxenxo propoñemos a retirada do nome “Juan Carlos I” ao Porto Deportivo de Sanxenxo, e que sexa o consenso social dos veciños e veciñas do noso concello quen propoñan un nome ao noso Porto que sexa merecedor e non alguén quen defenestrado por supostos casos de corrupción practicamente corroborados pola propia Casa Real.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG