O BNG rexeita o ERE de Ferroatlántica e asegura que non existe ningunha xustificación económica

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas pide a Feixóo que non claudique ante “a  nova chantaxe de Villar Mir” e se comprometa coa actividade produtiva e  traballadores e traballadoras de Ferroatlántica.

A deputada do BNG, Noa Presas condenou hoxe anunciou de  ERE  aos centros de produción de Ferroatlántica en Cee- Dumbría e Sabón.  Para a nacionalista, “non existe ningunha razón económica” que xustifique a perda dos postos de traballo e mesmo reseñou que a concesión das empresas hidroeléctricas do Xallas está suxeita a permanencia do emprego e actividade produtiva.

Presas rexistrou diversas iniciativas parlamentarias para reclamar “unidade de acción” contra o ERE e pide  a  Núñez Feixóo que deixe a estratexia do avestruz e non agoche a cabeza. Feixóo, afirma a deputada do BNG, debe obrigar  a Ferroatlántica a retirar o ERE porque de non ser así, reclamamos que sexa retirada a concesión. “Feixóo debe dicirlle a Villar Mir que Galiza non vai permitir ningunha nova chantaxe” e lembrou que hai máis dun ano foi paralizada a “venda especulativa” das centrais do Xallas. Agora, recalca a deputada, mantemos o convencemento de que outra vez imos parar este ERE a través da forza dos traballadores e traballadoras.

A deputada do BNG defenderá no Parlamento galego  un acordo por  resolución, para expresar a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica así como o compromiso  na defensa do mantemento do emprego e da capacidade produtiva en todos os centros do país.

Para a nacionalista, urxe unha  resposta contra o ERE de Ferroatlántica para evitar que o modelo de “industria colonial de Villar Mir” supoña novas perdas en materia de emprego e tecido industrial.

Noa Presas tamén preguntará ao goberno se ten previsto rescindir as  concesións de explotación do Xallas, no caso de seguir  Ferroatlántica  adiante co seu expediente de regulación de emprego nos centros de produción de Cee-Dumbría e Sabón.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG