parlamento galego

BNG recrimina a educación que suprima 1 aula e dous docentes no CPI Castro Baxoi (Miño) despois de prometer en eleccións a construción dun novo IES e converter o CPI en CEIP

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas

Mercedes Queixas advertiu da chegada de  novas matriculas ao longo do curso que superarán a ratio máxima e preguntou se a intención de educación será redirixir ao novo alumnado  a outros centros para iniciar o peche definitivo do CPI de Miño

Acusou a Román Rodríguez de utilizar ao concello como “papeleta electoral” e “sacrificar a excelencia do CPI Castro Baxoi de Miño”.

A deputada do BNG, Mercedes Queixas recriminou ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez a decisión de suprimir 1 aula e dous docentes no CPI Castro Baxoi de Miño despois de prometer en período electoral a construción dun novo Instituto de Ensino Secundario e converter o CPI en CEIP.

A nacionalista preguntou ao titular de educación si consideraba que  23 nenos de 2 e 3 anos, que se incorporan á escola por primeira vez, co correspondente  período de adaptación, reciben unha mellor educación agrupados nunha aula e cun docente ou  “desdobrados en dous grupos con dous docentes e unha profesora  de apoio que axude ao alumnado  con necesidades de atención educativa”.

As nais e os pais, do Baxoi de Miño,  o profesorado, o consello escolar, a corporación municipal, en pleno e de forma unánime e  tamén esta deputada, como profesora do ensino público galego e nai, pensamos que a  resposta correcta “é a segunda”.

A consellería de educación, afirmou a nacionalista, tamén o consideraba así ata este curso respectando o “desdobre de dous grupos en 4 de Educación Infantil coa súa profesora e outra de apoio pero descoñecemos “as razón pedagóxicas” que levaron a agrupación de 4º de infantil nun único grupo.

Para a deputada, esta decisión ten aínda outra consecuencia sobre o centro porque as  5 aulas de Educación Infantil, en vez das 6 que había, “disporán só dunha profesora de apoio en vez de 2”.

Unha profesora de apoio para un total de 83 alumnos dos que varios precisan atención educativa específica, precisamente en 4ª de Educación Infantil onde se suprime 1 clase e dúas profesoras e coas características do alumnado procedente do Centro Fogar María Inmaculada de Bañobre que merece tamén  unha atención de calidade.

Ante esta nova situación, a deputada do BNG preguntou ao conselleiro se a educación de excelencia no CPI Castro Baxoi de Miño está garantida, desde a calidade, igualdade e equidade ou se  responde a “simples cifras”.

A Comunidade educativa quere saber que medidas vai tomar a consellería e se está facendo un bo uso dos recursos públicos.

Mercedes Queixas lembrou que o concello de Miño está a experimentar un importante crecemento demográfico, “800 persoas máis nos últimos dez anos  e con demanda de matricula nova ao longo de todo o curso pola inmigración de Venezuela, Colombia, Ucraína, Marrocos, Pakistán”, explicou.

“Que vai facer a Consellería cando comecen a chegar novas matrículas ao longo do curso e se supere a ratio máxima? Vanos redirixir a outros centros da comarca e comezar así o peche progresivo do CPI de Miño? inquiriu a nacionalista.

“Non nos enrede cos números que vostede utiliza habitualmente, xogos de ratios falsas e cunha demografía descendente para xustificar a súa xestión”. Esta argumentación, dixo, Queixas, non lle serve para Miño polo que pediu “honestidade” a Román Rodríguez á hora de responder ás cuestións formuladas polo BNG.

Tras constatar que o titular de Educación persistiu en cinguirse á dinámica demográfica, a deputada volveu a pedir unha resposta con razóns pedagóxicas e non “unha folla de Excel e ratios máximas”. Non engane a poboación de Miño con datos falsos, reiterou. “Non minta ás familias e ao profesorado” porque en plenas eleccións municipais de maio, visitou o concello e afirmou que dende a pandemia e cun censo de poboación crecente era necesario intervir educativamente en Miño, “ convertendo o CPI nun CIP porque fai falta e construción dun IES para frear o éxodo dos xoves a outros concellos”.

A xuízo da nacionalista, Román Rodríguez empregou o concello de Miño como “unha paleta electoral” mentindo deliberadamente. Mercedes Queixas lamentou que Educación “sacrifique a excelencia que até agora había no CPI Castro- Baxoi de Miño”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG