Congreso

BNG reclama, a través de Néstor Rego, o arranxo da N-540 con unha concentración en Taboada

Taboada
Taboada

A veciñanza de Monterroso, Taboada e Chantada concentrouse a altura de Taboada para solicitar o arranxo integral da N-540

“Comprometemos a presentar iniciativas para que se faga unha reforma integral da estrada, non para facer uns simples bacheos pois eso non é a solución ” Néstor Rego

O BNG solicita o arranxo integral da N-540 con unha concentración a altura de Meixonfrío (Taboada), na mesma participaron Nestor Rego , deputado do BNG no Congreso, Efrén Castro, deputado na Deputación Provincial, Jose Portela, tenente alcalde de Taboada xunto con concelleiros das vilas por onde pasa a N-540 e veciñanza de Monterroso, Taboada e Chantada.

A estrada N-540 segue nun estado de conservación pésimo e con fochancas durante todo o percorrido dende Lugo a Ourense. “En Lugo precisamos vías seguras para estar conectados con Ourense, unha cidade coa que se ten moita relación comercial. Nos vindeiros orzamentos que se presenten no Congreso o BNG pedira ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que se inclúan unha serie de partidas para o arranxo integral desta estrada” informou Néstor Rego ás persoas alí congregadas

O BNG esixira que o goberno do Estado actúe de maneira inmediata naqueles puntos da estrada onde o perigo para a circulación e maior, pois na mesma existen puntos onde se precisan actuacións de forma inmediata. E tamén estaremos pendentes de que se execute esa reforma integral o antes posibel sen agardar ao 2025.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG