BNG reclama a recuperación como ben público da Casa Cornide e a absolución dos nove activistas xulgados

Mercedes Queixas concentración Xuízo 9 de Cornide
Mercedes Queixas concentración Xuízo 9 de Cornide

A deputada Mercedes Queixas participou na concentración diante do Xulgado da Coruña onde se sigue a causa contra nove activistas denunciadas pola familia Franco

Urxiu á Xunta a axilizar a declaración BIC da Casa Cornide  e ao Concello da Coruña a iniciar accións xudiciais

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Mercedes Queixas, participou na concentración do xulgado da Coruña onde hoxe declararon as nove persoas que foron denunciadas pola familia Franco e  esixiu de novo a Xunta e Concello a declaración de BIC de inmóbel e o inicio de accións xudiciais para a súa recuperación como ben público.

A deputada nacionalista, Mercedes Queixas, esixiu a absolución das nove persoas activistas xulgadas e denunciou que a Casa Cornide é "unha mostra máis do roubo da familia Franco, unha mostra do espolio do patrimonio cultural galego desde o sometemento da dignidade do pobo, luxada polo franquismo.".

Defendeu Mercedes Queixas que as  persoas que están a ser xulgadas "por unha acción simbólica e pacífica,” representan esa dignidade fronte aos intereses espurios dos descendentes de Franco, afeitos a se moveren de forma impune, como xa demostraron en Meirás e agora están reproducindo nesta casa cuxos bens patrimoniais descoñecemos aínda na súa totalidade porque “carecemos dun inventario completo": Queixas lembrou  que "até hai dous anos nesta casa estaban as dúas estatuas de Mestre Mateo que teñen un altísimo valor  artístico e simbólico".

Na   concentración  que tivo lugar  diante do xulgado, a nacionalista urxiu á Xunta a axilizar o proceso de declaración BIC da Casa Cornide  como reflicte o  acordo acadado polo BNG no Parlamento galego no mes de novembro. Queixas reiterou  que "o goberno debe  reaxir de forma inmediata e incoar o expediente  BIC porque a familia Franco ten o inmóbel á venda e é o paso previo para a súa recuperación por vía xudicial, como aconteceu en Meirás. Instamos, dixo,   ao Concello da Coruña a actuar con “compromiso e celeridade para abrir esta vía".

A deputada nacionalista fixo as súas declaracións antes do xuízo que se sigue no  xulgado de Instrución nº 4 da Coruña no que hoxe declararon Elvira Branco, Óscar Calvo, Dani Carballada Armando Carril, Carolina Fernández, Salvador González, Bieito Lobeira, André López e Manuel Méndez, militantes do BNG, acusadas e acusados de delito leve de coaccións polo acto de denuncia na Casa Cornide no que participaron o 26 de setembro de 2017.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG