parlamento galego

BNG reclama melloras no transporte marítimo de viaxeiros na ría de Vigo restituíndo o seu carácter público

Paulo Ríos
Paulo Ríos

Paulo Ríos cualifica o  servizo  de “chave” no desenvolvemento económico da comarca do Morrazo e conexión esencial  coa cidade de Vigo

Denuncia o “desleixo” da Xunta e a degradación do servizo para beneficiar ás  empresas operadoras

O deputado do BNG, Paulo Ríos formulou unha pregunta ao goberno sobre a mellora do servizo de transporte de ría de Vigo restituíndo o seu “carácter público”. O deputado nacionalista afirmou que esta é unha “reclamación histórica” da comarca do Morrazo” e salientou a importancia do transporte para o desenvolvemento económico e como conexión esencial coa cidade de Vigo.

 As persoas usuarias de Cangas e Moaña, afirmou o nacionalista, levan anos padecendo o empeoramento do servizo, chegando mesmo a desaparecer en Moaña. A redución de horarios e frecuencias foi unha constante e mentres tanto, a Xunta de Galiza négase a intervir, para “regular” un servizo que debe ser “público”.

A Xunta, non pode poñerse de perfil, reiterou Paulo Ríos. A Xunta “ten competencias exclusivas en transporte marítimo entre os portos do noso país”,  como recolle a lei do ano 99 e que recoñecía a titularidade pública do servizo e a súa regulación. Lei que posteriormente foi anulada polo Tribunal de Xustiza da UE no ano 2006 e que obrigaba a liberalización do mercado do transporte de viaxeiros.

No ano 2009 esta situación podía ser modificada aproveitando que a propia Unión Europea permitía que a  Xunta de Galiza asumirá a xestión pública . Esta circunstancia propiciou a presentación d diversas iniciativas do BNG no Parlamento galego que contaron co apoio do PSOE e o voto en contra do Partido popular. Daquela, o PP comprometeuse  a unha alternativa pero o único que fixo  durante estes anos foi “unha campaña de Nuevas Generaciones animando ao uso do transporte de ría”.

BNG pide que a xestión do servizo sexa pública

Dende o BNG demandamos restituír o carácter público do servizo para regular este transporte así como o  de lecer en conexión cos Illas do Parque Atlántico.

A comarca do Morrazo non pode ver como un servizo tan esencial está en  mans unicamente dos intereses das empresas, sen que a Xunta de Galiza interveña na súa regulación e control. reiterou Paulo Ríos, (Kai)

Recentemente, o servizo no Concello de Cangas foi recortado un 60% entre semana e un 90% na fin de semana, tras alegar a empresa “dificultades por mor da pandemia”. Ante esta situación, que accións emprendeu a Xunta? preguntou o deputado.

Ríos anunciou que o BNG seguirá levando ao Parlamento galego iniciativas para potenciar o transporte de ría e demandar que sexa público e a Xunta, remarcou,  “non pode ampararse en que non ten competencias nin capacidade para intervir”. Non podemos permitir que o transporte de pasaxeiros na ría de Vigo esmoreza polo “desleixo da Xunta”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG