Parlamento Galego

BNG propón un centro de I+D+I en almacenamento enerxético nas Pontes ante a pasividade da Xunta e do Estado

Xosé Manuel Golpe
Xosé Manuel Golpe
Xośe Manuel Golpe reclama medidas reais para reindustrializar a comarca, manter a capacidade de evacuación eléctrica e crear emprego nas renovables

O portavoz de Enerxía do BNG, Xosé Manuel Golpe, defendeu na Comisión 6ª do Parlamento a creación dun Centro de I+D+I en materia de almacenamento na ZTX (Zona de Transición Xusta) das Pontes, logo de que, cinco anos despois do peche da central térmica, non se movese nada.

“Levamos cinco anos perdidos, cinco anos sen que ni Ministerio para a Transición Ecolóxica, nin a Xunta fixesen nada agás “marear con cifras e escusas de se hai ou non capacidade de evacuación”, criticou 

A creación dun gran centro de investigación en almacenamento enerxético nas zona sería “unha medida de xustiza histórica e unha oportunidade única para situar Galiza á vangarda da transición enerxética”, asegurou, destacando que mentres en Meirama se avanzan etapas, na ZTX das Pontes “nada se move”.

Golpe tamén afeou a falta de respostas coherentes da Conselleira de Economía e Industria sober os proxectos, optando polas descualificacións en vez e centrándose, na súa intervención no Pleno da semana pasada, en arremeter contra o BNG. Puxo como exemplo da falta de respostas a incerteza arredor da implantación da fábrica de pneumáticos chinesa de Sentury Tires, que “debe estar durmindo no caixón dos xustos”, ironizou. O deputado nacionalista tamén aproveitou a súa intervención na Comisión 6ª para lembrar lamentar o despedimento en agosto de 79 traballadores/as en Einsa Print e o anuncio doutros 21 que quedarán sen emprego en 2026.

A proposta do BNG para As Pontes

Malia que Golpe salientou o consenso acadado no Parlamento para reclamar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e a Rede Eléctrica Española o mantemento dos 1.400 MW de evacuación da central térmica das Pontes no nó de transición xusta, e a convocatoria urxente do concurso de transición xusta tanto para As Pontes como para Meirama, sinalou que ese consenso é “o recoñecemento de que cinco anos despois, non se fixo nada”. 

É por iso que o portavoz de Enerxía do BNG propuxo a creación dun gran centro de investigación e desenvolvemento en almacenamento enerxético e transición enerxética nas Pontes que, segundo explicou, permitiría aproveitar as características singulares da comarca , como o mix de xeración renovable único en Galiza, as instalacións de xeración eléctrica eólica, o lago e o encoro da Ribeira ou a proximidade ao porto exterior de Ferrol. Referiuse así mesmo á fábrica de pellets máis grande do País, coa que se podería traballar no almacenamento térmico.

Para o BNG, a investigación e ensaio non só teñen que ver coa parte técnica das instalacións, senón que tamén son necesarias para acadar unha boa integración ambiental, minimizando as afeccións aos ecosistemas afectados pola súa instalación.

O almacenamento electroquímico (baterías), onde unha investigación sobre o uso de novos elementos diferentes ás terras raras, darían a Galiza un papel preponderante no escenario mundial.

O PP votou en contra da promoción dun plan de reactivación económico-industrial para As Pontes no que todos os actores relevantes no territorio, goberno estatal, Endesa, e a propia Xunta, participen e contribúan con fondos propios, e coa participación do Concello e da representación sindical na xestión do Plan industrial; a promoción da dotación de chan industrial no Concello das Pontes; e a suspensión de todos os despedimentos colectivos que poidan producirse nas empresas do concello en tanto non haxa posibilidades de recolocación para o persoal afectado nos novos proxectos industriais que cheguen a concretarse efectivamente no propio Concello.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG