BNG pide a sanidade que escoite as demandas do persoal sanitario do Baixo Miño en folga pola falta de médicos e médicas e orzamento para atención sanitaria

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
Manu Lourenzo exixiu ao conselleiro, García Comesaña, más médicos e médicas e menos propaganda nunha comarca “en pé” e mobilizada para defender a sanidade pública
BNG pide a sanidade que escoite as demandas do persoal sanitario do Baixo Miño en folga pola falta de médicos e médicas e orzamento para atención sanitaria

O deputado do BNG, Manu Lourenzo preguntou ao conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña que medidas vai tomar ante a mobilización “histórica” no Baixo Miño en defensa da  sanidade pública e contra a falta de persoal sanitario e medios para a atención sanitaria.

No inicio da súa intervención, o nacionalista amosou unha fotografía da manifestación para exixir “máis médicos e médicas” e pediu ao titular de sanidade que “abandone a propaganda” e escoite as demandas do persoal sanitario e dos veciños e veciñas da comarca do Baixo Miño.

Cando vostede afirma que non hai ningún problema coas condicións laborais dos médicos de Atención primaria, como afirmou recentemente  en sesión plenaria,  o que atopamos é  a unha nai da Guarda coa súa filla adolescente enferma é  con  8 médicos que teñen en cupo pero que  levan un mes con só 2 de mañá e un pola tarde. Ou tamén a  un xubilado do Rosal  de 70 anos que tivo que agardar por unha cita 12 días  e con dor. A propia alcaldesa denunciaba esta situación. “Non podemos nin cumprir cos servizos mínimos dunha folga porque non hai médicos” e de 3 médicos en cupo no Rosal “levan un mes con 0 médicos para 6.000 habitantes”.

Pero  o mesmo acontece cunha nai en  Oia sen pediatra dende hai meses para o seu fillo de 3 anos. “Médicos e Médicas Señor conselleiro, nin escusas, nin propaganda”, reiterou o nacionalista.

Onte e hoxe, engadiu o deputado,  coincidindo con esta  comparecencia o  persoal sanitario do Baixo Miño está en  folga. Unha  folga para protexer a saúde e a vida dos seus pacientes e dende o BNG queremos amosar o noso apoio a todas as súas reivindicacións e agradecer o seu compromiso coa sanidade pública.

O deputado cominou ao titular de sanidade a presentar solucións para dar resposta ao persoal sanitario e a veciñanza. O Baixo Miño precisa de psicólogos e psicólogas clínicos e fisioterapeutas,  rematar coa precariedade na Atención primaria, incentivar as prazas en destinos periféricos, e dotar de financiamento a Atención primaria con “200 millóns de euros” e sobre todo, deixar de  “encher os petos aos amigos do Partido popular na sanidade privada”.

Tras a intervención do conselleiro, o deputado lembrou que onte mesmo, un facultativo foi activado polo 061 para atender unha emerxencia no Rosal porque non había médico. O paciente debeu ser trasladado a Vigo e o medico requirido polo 061 desprazouse ao Centro de Saúde en Taxi, deixando a 10 pacientes sen atender dos 27 previstos.

Durante a xornada da mañá só foi dotado cun médico na Guarda, unha médica en Oia e ningún no Rosal.

Vostede pode vir aquí e dicir que non hai médicos pero a realidade é que se non hai médicos é “porque vostedes foron uns irresponsábeis e afogaron a Atención primaria ata metela nesta situación”, remarcou o nacionalista que volveu a reclamar “condición laborais dignas e dotación orzamentaria”, “sen  escusas nen propaganda”.

Sobre as prazas MIR, o deputado asegurou que o Partido popular “non fixo os deberes” e está recoñecendo que en catro anos non foi quen de resolver a situación, porque despois de 4 anos de formación MIR, afirmou,  continuamos sen médicos e médicas.

 
BNG pide a sanidade que escoite as demandas do persoal sanitario do Baixo Miño en folga pola falta de médicos e médicas e orzamento para atención sanitaria