O BNG pide sancionar a AUDASA polos continuos atascos e o mal funcionamento da AP-9

Luís Bará
Luís Bará na tribuna da Cámara galega

Levantar as barreiras con retencións en máis de 1 Qm, recuperar os postos de traballo e estuadar baixadas nas peaxes, entre as propostas do BNG

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará reclamou hoxe, a través dunha proposición non de lei, abrir un expediente sancionador á empresa concesionaria da AP-9 polo mal funcionamento do servizo e os continuos atascos e retencións.

Ademais, entre as medidas da iniciativa nacionalista tamén figuraban: Aprobar un protocolo de actuación para levantar as barreiras das peaxes cando se produzan retencións de máis de 1 Qm, recuperar os postos de traballo eliminados nas cabinas de peaxe e realizar un estudo da baixada das peaxes nos treitos en obras pola ampliación desta infraestrutura.

Bará lembrou que o  recente anuncio do incremento das peaxes é produto de diferentes acordos entre os gobernos do Partido popular e socialista para financiar a ampliación da ponte de Rande e do terceiro carril. Despois dese anuncio, manifestou “seguimos sufrindo os abusos  e atascos nos anos 2015, 2016 e estásenos acabando a paciencia”. Para o deputado pouco queda xa por aturar do “abuso e estafa da autoestrada”.

A maiores, explicou, no ano 2017, padecemos “o agravio” do veto do Partido popular contra a transferencia da AP-9,  mostra   “submisión e vasalaxe” do Partido popular galego ante o PP de Madrid porque “non pintan nada” ao igual que acontece coa tramitación dos orzamentos do Estado na que Galiza está “desaparecida”.

O nacionalista criticou que o Partido popular durante os anos 2012, 2014 e  2015  protestaba polas peaxes e as retencións pero agora cambiaron de rexistro e mesmo crearon “unha comisión bilateral fantasma” da que dixo,   nos sabemos a que se dedica pero  temos claro  que seguen facendo o “papel de mamporreiros” do goberno central . “Non protestan e amparan as propelías e abusos de AUDASA”.

Bará recalcou que as retencións e atascos repetíronse durante a Semana Santa agravados polas obras da autoestrada que provocaron a retención de centos de automobilistas en longas colas en Vilaboa e tamén colas que obrigaron as persoas usuarias a saír por Padrón ante o colapso de Milladoiro na entrada de Santiago, iso si, tamén foron obrigados, recalcou, “a pagar a peaxe”.

Ante este abuso, repetiu  o parlamentario,  é preciso aportar solucións  polo que pediu o apoio das forzas políticas á iniciativa nacionalista. Pola súa parte, o Partido popular   propuxo outras medidas que  modificaban  o texto orixinal  e  que o BNG non aceptou por consideralas “insuficientes”.

Os votos en contra  do Partido popular impediron que prosperara a iniciativa do BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG