BNG pide responsabilidades ao director de AGACAL ante a crise de goberno do Consello Regulador da D.O da Ribeira Sacra

María Albert
María Albert
María Albert lembrou que tras un ano de crise no Consello Regulador, a Xunta  se pronunciou a través de declaracións cruzadas e Medio Rural  non tomou ningunha iniciativa

A portavoz de Viticultura do BNG, María Albert pediu responsabilidades ao  director da Axencia Galega de Calidade  Alimentaria, José Luís Cabarcos Corral pola “crise de goberno” do Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra.

A deputada do  BNG explicou que  despois de trece meses da presentación da moción de censura, “a situación non mudou”, e tanto o labor de Medio Rural como a do director de AGACAL non contribuíron a resolver a crise de goberno polo que exixiu “responsabilidades”  ao titular da Axencia galega de Calidade Alimentaria.

A nacionalista sumou as súas criticas a falta de resposta do Consello Regulador aos requirimentos da Valedora do Pobo dos documentos da moción de censura.

Para a deputada, Medio Rural e AGACAL “fixeron deixación de funcións” e tomaron partido no conflito.  Os asinantes da moción de censura, dixo,  queren unha resposta sobre o que consideran “unha vulneración da democracia e que se cumpra a lei”.

Todo índica que tanto a consellería como AGACAL continúan na súa postura “inmobilista” e a Denominación de Orixe permanece coa dirección bloqueada cun  “conflito permanente” que dura trece meses, recalcou.

Neste sentido lembrou que os asinantes da moción de censura fixeron un comunicado público “moi crítico” coa consellería de Medio Rural ante a súa negativa a recoller as súas demandas.

A deputada amosou as diferentes comunicación da Valedora do Pobo nas que reclamaba  a documentación mentres a  consellería e AGACAL limitábanse  a “dilatar no tempo” unha solución para a  crise no Consello Regulador.

A consellería respondeu que o Consello regulador entrou en función o 27 de xullo, non había polo tanto lugar a debater “a moción de censura” e mesmo vostede cando foi preguntado por esta cuestión nesta comisión, tamén respondeu que todo quedaría solventado  coa convocatoria electoral nos primeiros seis meses  deste ano. O domingo empeza o mes de maio e no DOG non existe ningunha convocatoria de procesos electorais nos 26 consellos reguladores rexistrados en Galiza. Agardamos que non barallen a idea de facer unha campaña electoral en “plena campaña da vendima”, ironizou.

María Albert afirmou que gobernar  é enfrontarse aos problemas e o Partido popular “mira para outro lado” e  mesmo ampara situacións que chegan a seren irregulares. Que  intereses se están a defender dende a consellería? preguntou.

Hai unha norma que especifica como se dirixen os consellos reguladores e as mocións de censura tamén pero a consellería continúa “mirando para outro lado, despois de trece meses”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG