PARLAMENTO GALEGO

BNG pide explicacións no Parlamento pola vacinación da alcaldesa do PP de Boimorto na residencia municipal de maiores

Mini Rivas
Mini Rivas
Xosé Luís Rivas exixe á Xunta e a Feixóo que tomen medidas ante un feito  que cualifica de “moi grave e inxustificable”
BNG pide explicacións no Parlamento pola vacinación da alcaldesa do PP de Boimorto na residencia municipal de maiores

Tras facerse público que a alcaldesa do PP de Boimorto, María Xesús Novo foi vacinada contra a COVID  na residencia municipal, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas rexistra unha iniciativa no Parlamento galego ao fin de pedir explicacións á Xunta e a Núñez Feixóo sobre un feito que cualifica de “moi grave e inxustificable”.

Rivas lembra que o presidente da Xunta pediu a todas as persoas incluídas por error nos listados de vacinación que renunciaran a recibir a vacina e recalcou que todos os políticos que non cumpriran os protocolos establecidos debían dimitir. O deputado do BNG lembra que a alcaldesa de Boimorto non mantén ningún tipo de relación sanitaria que xustifique a vacinación, a pesar de que o seu cargo convértea en xefa de persoal da residencia municipal que conta con dirección propia.

 A xuízo do nacionalista, esta circunstancia fai máis grave se cabe a actuación da alcaldesa do Partido popular. Neste sentido, cómpre lembrar que o propio Núñez Feixóo asegurou na última sesión plenaria celebrada no Parlamento que non existía alcalde algún do PP que se vacinara sen dereito.

Así pois, o BNG exixe ao presidente da Xunta explicacións sobre o acontecido e dirimir as correspondes responsabilidades.

BNG pide explicacións no Parlamento pola vacinación da alcaldesa do PP de Boimorto na residencia municipal de maiores