parlamento galego

BNG pide a comparecencia do conselleiro de Facenda tras desestimar o TC o recurso contra o imposto a grandes fortunas

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas advirte do “fracaso absoluto” da política fiscal de Rueda, que “fai seguidismo do ayusismo” e se escudou no autogoberno para defender aos ricos

A deputada do BNG Noa Presas considera que a decisión do Tribunal Constitucional de desestimar o recurso presentado pola Xunta de Galiza contra o imposto estatal ás grandes fortunas demostra, unha vez máis, o “absoluto fracaso” da política fiscal do Goberno de Alfonso Rueda que, afirmou, “fai seguidismo do ayusismo” e privilexia ás minorías máis ricas fronte á maioría social do País.

“A decisión do Constitucional demostra o fracaso dunha política fiscal improvisada que fai seguidismo do ayusismo e que se preocupa polas minorías máis ricas deste País mentres hai unha situación social grave que atender no medio dunha grave crise de prezos”, asegurou.

Presas adiantou que o BNG vai pedir a comparecencia no próximo pleno do Parlamento do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, para que dea explicacións unha vez que o Constitucional rexeitase o recurso da Xunta ao considerar que o imposto ás grandes fortunas non choca co imposto de patrimonio, cuxa competencia é da comunidade autónoma.

“O conselleiro ten que dar explicacións porque a Xunta se escudou no autogoberno para defender a unha minoría rica, nove persoas que pagaron este imposto o ano pasado en Galiza, en lugar de atender as necesidades do noso País”, asegurou Noa Presas, que insistiu en reclamar unha rectificación da súa política ao Goberno que preside Alfonso Rueda.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG