BNG participa nos actos da Diada de Catalunya como reforzo dos lazos co soberanismo catalán

Diada 2021
Diada 2021
Ana Miranda, Bieito Lobeira e Rubén Cela transmiten o apoio da Executiva Nacional do Bloque ao dereito a decidir
BNG participa nos actos da Diada de Catalunya como reforzo dos lazos co soberanismo catalán

Unha delegación do BNG, integrada polo secretario de Organización, Bieito Lobeira, pola coordinadora de Relacións Internacionais e portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e polo responsable de Relacións co Estado e director da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela, participa en Barcelona nos diferentes actos conmemorativos da Diada Nacional de Catalunya.

Con esta participación, o Bloque continúa reforzando os lazos de unión co movemento soberanista catalán e amosan o seu apoio ás distintas formacións soberanistas de esquerda -Esquerra e CUP- no dereito a decidir do Pobo catalán, como vén facendo desde hai anos, especialmente duros estes últimos pola represión, a cadea e o exilio para moitos representantes políticos.

Diada 2021Os actos do Día Nacional de Catalunya nos que participan Miranda, Lobeira e Cela deron comezo cunha ofrenda floral diante do monumento a Rafael Casanova e posteriormente contaron coa participación da delegación do BNG no encontro co resto de delegacións internacionais convidadas por Esquerra. Os actos previstos para hoxe complétanse coa manifestación convocada pola Assemblea Nacional de Catalunya (ANC), que percorrerá as principais rúas da capital catalá.

A delegación nacionalista tamén participa, este serán, nos actos organizados pola CUP e rematará a xornada nun acto no Parlament de Catalunya. Ademais, Miranda, Lobeira e Cela mantiveron un encontro cos membros da agrupación local do BNG de Catalunya que seguen participando na loita activa do Pobo catalán como exemplo do apoio do Bloque ao dereito de autodeterminación.

 

BNG participa nos actos da Diada de Catalunya como reforzo dos lazos co soberanismo catalán