Parlamento Galego

BNG logra por unanimidade crear unha mesa de diálogo para protexer os murais de Lugrís ameazados pola choiva

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas

A deputada Mercedes Queixas denunciou a degradación continua do conxunto muralístico e exixiu unha solución para a súa conservación in situ mercando o baixo onde se encontran

A deputada coruñesa do Bloque Nacionalista Galego, Mercedes Queixas, interveu na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento para alertar, unha vez máis, sobre o grave risco que corre o conxunto de 12 murais de Urbano Lugrís situados no baixo dun edificio da rúa Olmos da Coruña.

"A chuvia é unha ameaza constante para estas obras", destacou Queixas, sinalando que cada precipitación supón un perigo de “perda irreparábel” deste legado artístico único. A pesar das alertas repetidas polo BNG nas últimas lexislaturas, a situación segue sen resolverse de forma definitiva.

A proposta do BNG, aprobada por unanimidade, pasa polo diálogo e unha solución integral. A protección in situ, xa que desarraigar os murais do seu contexto “como ocorreu co mural do Café Vecchio” sinalou Queixas, destrúe o seu valor histórico e artístico. Unha mesa de diálogo co propietario do edificio (disposto a colaborar), a Deputación da Coruña e o Concello (con acordo plenario favorable) para mercar o baixo da rúa Olmos e crear o "Espazo Lugrís", un centro cultural que poña en valor a obra no seu lugar orixinal. "A Xunta, como titular dos murais e responsable do BIC, ten a obriga de actuar xa", rematou Queixas, esixindo "feitos, non promesas" para salvar este patrimonio. 

A deputada nacionalista recordou os pasos dados ata agora: A Xunta incoou o expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) os murais, tras presións do BNG e da mobilización cidadá (Asociación O Mural, In Nave Civitas).  A Consellería de Cultura adquiriu en maio de 2024 os murais nun proceso xudicial, mais outra promotora comprou o edificio, deixando a propiedade dividida. “O conselleiro de Cultura sinalou a posibilidade de levar os murais ao Museo de Belas Artes, unha idea rexeitada por informes técnicos (Concello da Coruña, Universidade Politécnica de Valencia e expertos en patrimonio), que avogan pola conservación in situ”. 

A situación actual é de abandono e risco. Unha declaración BIC sen efecto práctico, aínda prometida como "BIC exprés", unha degradación acelerada pola humidade e o estado ruinoso do edificio e unha propiedade dividida, na que a Xunta é dona dos murais, mais non das paredes que os sosteñen.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG