BNG leva ao Parlamento o peche da biblioteca do CHUS

Iria Carreira
Iria Carreira

Iria Carreira salienta que a biblioteca do CHUS é  un lugar de referencia para as traballadoras do centro sanitario, persoal investigador do  Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago,  Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e  estudantado universitario  que realiza as  prácticas clínicas neste centro

O Xerente do Sergas comprometese  co BNG a  trasladar á Área sanitaria de Santiago a reclamación e estudar si é necesario ampliar o horario

BNG leva ao Parlamento o peche da biblioteca do CHUS

A portavoz de sanidade do BNG, Iria Carreira formulou unha pregunta en comisión sobre as previsións do goberno para “recuperar o funcionamento normal da biblioteca do CHUS” dende hai meses só aberta pola mañá, despois da  xubilación dunha traballadora.

Carreira incidiu en que a biblioteca do CHUS é un servizo ao que acoden con regularidade  e como lugar de referencia, os traballadores e traballadoras do centro sanitario, persoal investigador do  Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago,  Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e  estudantado universitario  que realiza as  prácticas clínicas neste centro.

A biblioteca do CHUS, situada no 5º andar do edificio do Hospital Clínico, explicou a nacionalista,  leva meses funcionando “só durante a metade do tempo que debería estar aberta” por mor da xubilación dunha traballadora. A biblioteca, engadiu,  “é o único espazo destas características en toda a área sanitaria de Santiago e Barbanza”, e resulta evidente que  é un servizo básico para a selección e organización da información científica.

A deputada preguntou polas previsión do goberno para recuperar o horario da biblioteca na quenda de tarde e potenciala como “recurso vivo dentro do sistema sanitario”. Profesionais que comezan a dar os seus primeiros pasos dentro da investigación, estudantes que precisan acceder a información  para realizar os seus traballos de fin de grado, e sobre sobre todo da figura da bibliotecaria, que pode axudar e asesorar nese mundo na procura de información.

Pola súa parte, o Xerente do Sergas, José Flores Airas xustificou o peche da biblioteca na quenda de tarde asegurando que o servizo é fundamentalmente requirido durante a mañá ao que nacionalista replicou que o traballo nas quendas de mañá obrigan aos profesionais a  facer as consultas na biblioteca ao longo da tardes.

José Flores Arias comprometeuse co BNG a  trasladar á Área sanitaria de Santiago esta demanda e estudar unha posible ampliación do horario á quenda da tarde si é necesario.

 

BNG leva ao Parlamento o peche da biblioteca do CHUS