parlamento galego

BNG lamenta que a Xunta non responda con firmeza ás “indemnizacións irregulares” recibidas por representantes públicos dos concellos de Valga, Catoira, Vilasantar e Trazo

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará demandou medidas preventivas para velar pola exemplaridade e exixiu transparencia e “as contas claras” sen poñer trabas ao Consello de Contas

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, do deputado do BNG, Luís Bará  lamentou que a Xunta “non reprobe con contundencia”  as irregularidade detectadas no informe do Consello de Contas por cobros indebidos por parte de representantes políticos nos concellos de Valga, Catoira, Vilasantar e Trazo. O parlamentario exixiu “transparencia e rigor” e deixar de poñer trabas ao Consello de Contas no seu labor de fiscalización.

Na súa intervención, afirmou que o último informe do mes de marzo do 23 do Consello de Contas confirma o cobro de dietas e indemnizacións “sen xustificar” nalgúns   concellos. Bará explicou que este organismo non ten capacidade sancionadora pero si de velar pola “eficacia e legalidade” e a Xunta,  “ten a obriga, xunto ás  administracións locais de velar pola exemplaridade” e unha función preventiva para evitar “prácticas ilegais”.

Gastos non xustificados

O informe, dixo Bará,  detecta “irregularidades” nos concellos de Trazo, Catoira, Vilasantar e Valga co cobro de indemnizacións por asistencia, desprazamento e gastos de representación “non debidamente xustificados”. Nos concellos de Vilasantar e Trazo o cobro está relacionados con comidas e desprazamentos pero a situación no concello de Valga representa un caso diferente porque incorre en circunstancias “moi graves”.

O deputado afirmou que  “as trampas” nunca son tolerables, tanto no fondo como na  forma e dentro das formas temos están a  colaboración e respecto polo labor de control do Consello de Contas. A este respecto,  algunhas actuacións do concello de Valga e a súa alcaldía resultan “lamentables e condenables”. En primeiro lugar, sinalou Bará, as referidas as” propias irregularidades detectadas polo Consello de Contas no seu informe e, en segundo lugar pola falta de colaboración e “obstrucionismo” do concello co retraso do envío da documentación, a pesar dos diversos requirimentos.

A xuízo do nacionalista, a actitude do alcalde e o concello constata o “uso partidista” da administración local e dunha alcaldía,  “desafiante, manipuladora e de desobediencia”.

A investigación do concello de Valga foi iniciada no ano 2021 sobre as percepcións do interventor e secretario sobre  gastos de desprazamentos e manutención durante os anos 2017 a 2021 e o cobro por parte de concelleiros e concelleiras por asistir a unha reunión na Comisión de Coordinación con asignacións establecidas en 1991, un órgano creado ad hoc e fóra da lei. As reunións da comisión non contaba con ningún funcionario para dar contas do seu contido como reflicte o informe do  Consello de Contas.

O alcalde de Valga mente e falta ao respecto ás institucións

A alcaldía de Valga ademais de obstruír o labor do Consello de Contas tamén manipula o propio informe utilizando as institucións públicas, medios de comunicación públicos e mesmo a páxina web do concello co fin de “atacar e insultar ás outras forzas políticas”.

Esta actitude “desafiante e chulesca” do alcalde  chega mesmo a pedir que o Consello de Contas rectifique. Este proceder é  “impresentábel” e Bará  preguntou ao director xeral de Simplificación Administrativa, Jesús Oitaven, que previsión ten a Xunta ante esta actitude de “falta de respecto” e que  medidas vai a adoptar a Xunta  para “garantir o cumprimento da lei e a exemplaridade das administracións públicas”.

Pola súa parte, Jesús Oitavén respondeu ao nacionalista que a Xunta non é  responsable do funcionamento das administracións  locais, ao que o deputado replicou que o BNG non preguntou por este aspecto. Dende o BNG, dixo, pedimos explicación sobre “unha serie de irregularidades detectadas polo  Consello de Contas” e unhas  prácticas que entendemos “son irregulares e de maneira especial, non concello de Valga”.

A Xunta debe intervir para eliminar estas prácticas e hoxe debe pronunciarse se está disposta “a cumprir a legalidade” nestes concellos e valorar  o informe do Consello de Contas, á marxe das responsabilidades penais.

Por outra banda, lembrou que a recomendación do Consello de Contas sobre a Comisións de Coordinación debe suxeitarse ao marco xurídico vixente, porque o concello de Valga persiste en “incumprir a Lei”.

O deputado rematou a súa intervención reclamando ás administracións públicas “transparencia e as contas claras” para que non se repitan situacións que raian a corrupción.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG