BNG interpelará ao goberno sobre o futuro da mocidade galega, a inexistencia do tren de cercanias, rescate para autónomos e empresas afectadas pola COVID e os problemas da sanidade pública

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
Manuel Lourenzo  critica a incapacidade do Partido popular para facilitar que mocidade galega poda desenvolver un proxecto de vida en Galiza

O viceportavoz do BNG, Manuel Lourenzo deu conta dos asuntos que centrarán as intervencións do grupo nacionalista na vindeira sesión plenaria relativas ao futuro da mocidade, a inexistencia do tren de cercanias, rescate para autónomos e empresas afectadas pola COVID e os problemas derivados da  falta de recursos na sanidade pública.

O deputado anunciou que a portavoz nacional do BNG preguntará a Feixóo polas medidas previstas polo goberno para garantir o futuro da mocidade galega no seu país e lembrou  que precisamente nestas datas, un gran número de “mozas e mozos emigrados” xa están a planificar as súas viaxes a Galiza para compartir o Nadal coas súas familias e amizades e critiou que os “Gobernos do Partido popular no foran quen de ofrecer unha alternativa para desenvolver un proxecto de vida no seu país”.

O deputado explicou que unha de cada tres persoas mozas está no paro e dos que traballan, “ tres de cada dez teñen traballo temporal e salarios dun 65% por debaixo da media”. Ademais, engadiu, o “16% da mocidade galega, entre 20 e 35 anos soporta unha situación económica que lles impide emanciparse”.

En consonancia con esta problemática, o BNG tamén interpelará ao goberno sobre o dereito da mocidade ao acceso a vivenda e a mobilización do parque de vivenda baleira destinado a este colectivo. Neste sentido, lembrou que onte mesmo no Parlamento galego produciuse “un tenso debate” entre o deputada do BNG, Alexandra Fernández e o director do IGUS ante as criticas da nacionalista contra a falta de planificación do proxecto da Xunta, neste ámbito. Lourenzo fixo fincapé en que Galiza é a segunda comunidade do estado “con menos vivenda pública en réxime de alugueiro”, a pesar das “300.000 vivendas baleiras  en mans da banca”.

O BNG tamén interpelará ao goberno sobre as medidas previstas para resolver o conflito que creou entre bateeiros e percebeiros pola mexilla.

 Por outra parte, volverá a  denunciar a “inexistencia do tren de cercanias no interior”. O deputado subliñou que unha grande parte da poboación está a padecer esta carencia como acontece coa “vergoñenta” situación de Lugo sen conexión directa con Santiago de Compostela, as liñas de Ourense-Vigo cada vez con menos paradas, ao igual que a liña do Miño e a conexión entre A Coruña-Ourense ou Ourense ao Barco “con menos rexionais”.

Sobre os prezos dos trens indicou que as persoas usuarias do AVANT de Ourense deben pagar até un 60% máis do que pagan as conexión da franxa atlántica. En Galiza, recalcou, “precisamos horarios que atendan as nosas necesidade e non ao servizo das conexións con Madrid”. Solicitarmos solucionar estes problemas e repoñer as liñas eliminadas pola COVID.

Ademais, defenderemos unha proposición non de Lei sobre as actuacións da Xunta para planificar e executar os fondos do IV Plan de rescate de autónomos e empresas afectadas pola covid-19.

Na quenda de preguntas ao goberno abordaremos a situación sanitaria do Baixo Miño e dende o BNG queremos trasladar o noso apoio á  folga convocada polos traballadores e traballadoras da sanidade pública para  denunciar o desmantelamento sistemático da atención primaria en Oia, Tomiño, O Rosal, A Guarda; Tui..  á que sumaremos a situación  sanitaria en Moaña.

Finalmente preguntaremos pola posición do goberno ante o peche de espazos culturais en Ourense e a declaración BIC da casa Cornide da Coruña.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG