BNG instará o MITECO a denegar o Parque Eólico de Moeche

Visita Moeche
Visita Moeche

Rego anuncia iniciativas no Congreso após se reunir coa alcaldesa da localidade e a Plataforma veciñal afectada pola instalación do proxecto eólico

Bascoi reafirma o rexeitamento do Concello a un megaparque que terá un gran impacto social, económico e ambiental e que afecta a todo o termo municipal

BNG instará o MITECO a denegar o Parque Eólico de Moeche

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visita o Concello de Moeche acompañado da súa alcaldesa, Beatriz Bascoi, para coñecer de primeira man o traballo do goberno municipal ante o proxecto eólico que se quere instalar nos seu territorio. Rego anuncia o rexistro de iniciativas no Congreso urxindo a paralización deste parque eólico, así como das liñas de evacuación previstas que atrevesarían o municipio. Así mesmo, mantén unha reunión coa Plataforma veciñal de persoas afectadas polo Proxecto eólico para escoitar as reivindicacións do colectivo.

Durante a visita do deputado ao Concello de Moeche, reuníuse na casa consistorial coa alcaldesa para coñecer todas as accións que se están levando a cabo para paralizar o Proxecto Eólico. Despois de presentar as alegacións e de trasmitirllas ao deputado nacionalista durante a xuntanza, Rego avanza que o BNG rexistrará iniciativas no Congreso para exixir a paralización do Proxecto ao Goberno do Estado debido ao seu grave impacto.

Rego destacou impacto ambiental, social e patrimonial que xera este tipo de proxectos eólicos- máis de 200 en toda Galiza- e alerta do bum eólico que está permitindo o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza. “A resposta do Goberno a outros proxectos eólicos di que non existe ningún tipo de planificación para a instalación e o desenvolvemento eólico” recrimina Rego apuntando a que mesmo serán as empresas que solicitan o proxecto as que decidirán onde se intalarán, concretamente, os aeroxeradores. “A lexislación está ao servizo dos intereses das grandes empresas e non atende aos da cidadanía” denuncia Rego.

“A instalación deste tipo de proxectos tamén supón a desvalorización dos terreos e núcleos de poboación- ante unha posíbel compra venda- e os terreos agrarios, tanto para a súa produción como para a súa compra ou venda” subliña Rego. Así mesmo, tampouco suporá a xeración de novos postos de traballo: “ao contrario, diminuirá o emprego en sectores como o agro ou o forestal” explica Néstor Rego.

“O Proxecto terá un impacto medioambiental enorme posto que xa non só é a instalación dos aeroxeradores, senón tamén o terreo que ocupará a liña de evacuación que atravesará todo Moeche” explica a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoi. Neste sentido, sinala que o proxecto afectará á maior concentración de terreo aproveitado do punto de vista da produción agrícola e mesmo “para o desenvolvemento urbanístico do municipio”.

Mesmo, segundo sinalou Bascoi, terá un impacto no Castelo de Moeche “visual” declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e afectará na candidatura da que forma parte o concello para a declaración como xeoparque.  “A instalación dos aeroxeradores e da súa liña de evacuación dificultará moito a candidatura do xeoparque e a súa proclamación” enfatiza a alcaldesa, "iso suporán un enorme prexuízo para Moeche".




 

BNG instará o MITECO a denegar o Parque Eólico de Moeche