parlamento galego

BNG insta ao goberno a poñer en marcha “un paquete de medidas” contra a suba dos prezos da alimentación e aprobar, de inmediato, a Tarxeta Básica no que resta de ano

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas lamentou, que unha vez máis, o Partido popular deixe sen resposta á cidadanía máis castigada  polo impacto da crise de prezos e non amose “sensibilidade” ante este grave problema

A portavoz de Economía do BNG, Noa Presas instou hoxe á Xunta a tomar medidas novas ante a  evolución do IPC e impulsar unha modificación orzamentaria urxente para activar “un paquete de resposta rápida” ao agravamento da suba de prezos da alimentación entre as que figuren aprobar, de inmediato, “a recuperación da Tarxeta Básica para o que resta de ano” e o compromiso de  incorporala nos vindeiros orzamentos.

Tras a intervención da portavoz popular, Noelia Pérez López que avanzou o voto en contra á iniciativa defendida por Presas, a nacionalista explicou que o impacto da crise continúa “castigando gravemente aos galegos e galegas” nun dos ámbitos de máis importancia “a alimentación” ao que sumou o arranque do curso escolar “máis caro da historia”.

Nesta ámbito, dixo, “o gasto medio por niño en Galicia subirá de los 500 euros”, según la OCU, centrado en la ropa, el material escolar y los libros de texto . Un 76% de pais e nais  avanzan que recorrera a préstamos o anticipos de tarxeta para poder financiar o curso a pesar de las subvenciones”.

Á espera de que o próximo martes coñezamos os datos definitivos para o IPC do mes de agosto, explicou a deputada do BNG,  o pasado 11 de agosto coñeciamos os datos oficiais do Instituto Galego de Estatística respecto das variacións no índice de prezos ao consumo do mes de xullo, os máis recentes e podemos observar  como as previsións ficaron por debaixo dos valores realmente observados, tanto en termos de IPC como de inflación subxacente confirmándose “un alza dos prezos” e en  Galiza, a taxa de variación interanual do IPC sitúase no 2,1% fronte ao 1,5% do pasado xuño, cunha previsión que  se situaba no 1,4%.

Por outra parte, engadiu que  inflación subaxacente,  que exclúe alimentos frescos (non elaborados) e produtos enerxéticos aumenta até situarse no 6,2% a nivel estatal, mentres na Galiza é maior, alcanzando o 6,4% (a previsión ficaba no 6%). O preocupante, recalcou  Presas,  é que alén do aumento da subxacente, da subida dos prezos de xullo, “o pico de inflación de 2022 alcanzara una taxa interanual de IPC en xullo de +10,8%”.

Sobre a suba nos prezos dos produtos, Presas destacou o aumento en alimentos  e Bebidas non  Alcohólicas alcanzando o 10,4% en taxa de variación interanual e o mesmo ocorre con outros elementos básicos, “ o prezo do aceite subiu no estado español un 56% entre xaneiro do 21 e xuño do 22, moi marcado pola seca e a mala colleita do ano 22  pero subiron tamén os cereais un 17%, lácteos e ovos un 16% e a carne un 10%,

Estes rexistros, insistiu,  non teñen precedentes desde o inicio dos estudos estatísticos, que datan de 1997, e sitúanse moi por riba dos promedios históricos entre esta data e o ano 2021.

Polo tanto, afirmou que a  cronificación da crise inflacionaria e o seu impacto en bens básicos como a alimentación continúa a ser un dos principais problemas da economía galega e das vidas das familias e contribúe ao “empobrecemento e  empeoramento da saúde colectiva” como confirman as cociñas económicas galegas alertando  “do importante incremento de usuarios e usuarias” debido á inflación de aí, que dende o BNG reclamemos “unha paquete urxente de medidas e a posta en marcha, de inmediato, da Tarxeta Básica para o que resta do ano e o compromiso do Goberno galego de incorporala nos vindeiros orzamentos”.

 A Nacionalista lamentou que o Partido popular careza de “sensibilidade” ante un problema que cada vez afecta a máis galegos e galegas e persista en negar unha realidade que cada día se agrava máis por mor do incremento dos prezos na alimentación e produtos básicos, “afogando economicamente ás familias”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG