Municipais 2023

BNG goberna desde hoxe en 32 concellos á espera de que Corcubión, Ribeira, Muros e Mazaricos formen corporación

WhatsApp Image 2023-05-19 at 21.23.45
WhatsApp Image 2023-05-19 at 21.23.45

Tras os resultados das eleccións municipais do 28 de maio, un total de 358.893 galegos e galegas residen en concellos liderados polo Bloque

O BNG goberna desde hoxe 32 concellos, dezasete deles con maioría absoluta, á espera de que o 7 de xullo se conformen as corporacións de Corcubión, Ribeira, Muros e Mazaricos, demora que se produce tras presentar o PSOE un recurso electoral.

Os dezasete concellos nos que o BNG gobernará con maioría absoluta son Carballo, Moeche, San Sadurniño, Santiso, Toques, Zas, A Pobra de Brollón, Catoira, Moaña, Mondariz-Balneario, Tomiño, Allariz, A Mezquita, Montederramo, A Teixeira, Verea e Vilar de Santos. A esta lista se sumará o concello de Mazaricos, municipio onde o Bloque revalidou a súa maioría absoluta o pasado 28M, co que terá a Alcaldía calquera que sexa o resultado do recurso interposto polo Partido Socialista.

Os concellos nos que o BNG lidera o goberno local son as cidades de Santiago de Compostela e Pontevedra, así como os municipios de Arzúa, Fene, Barreiros, Muras, Samos, Soutomaior, Barro, Bueu, Cangas, Pontecesures, O Rosal, A Rúa e Vilar de Barrio.

Pese a ser a forza máis votada ou a primeira alternativa ao PP en Ramirás, Viana do Bolo e A Guarda, o PSOE non facilitou un goberno liderado polo Bloque. O mesmo sucedeu no concello de Mugardos onde a falta de apoio de EU deu a Alcaldía ao PP.

Tras os resultados do 28M un total de 358.893 galegos e galegas residen en concellos gobernados polo BNG, á espera das catro corporacións pendentes de conformación, tres das cales dependen de pactos de gobernabilidade e nos que a formación nacionalista é a forza máis votada ou a primeira alternativa ao PP.

 

_______________

 
Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG