BNG felicita ao Pobo catalán na celebración da Diada Nacional de Catalunya

Diada 2022
Diada 2022
Ana Miranda e Rubén Cela participan nos diversos actos organizados ao longo da xornada
 

A eurodeputada Ana Miranda e o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela, como membros da área de Internacional da Executiva Nacional do BNG, participan hoxe en Barcelona nos diferentes actos conmemorativos da Diada Nacional de Catalunya.

Rubén Cela, Ana Miranda e Rubén Permui
Rubén Cela, Ana Miranda e Rubén Permui

Tras asistir a primeira hora á ofrende floral diante do monumento adicado a Rafael Casanova, ao longo da xornada Miranda e Cela participarán nos actos organizados por Esquerra Republicana –nos que saudaron ao presidente de ER, Oriol Junqueras-, CUP, Poble Lliure e Foro Soberanista así como á axenda oficial da Generalitat, encabezada polo President, Pere Aragonés.

Deste xeito, o BNG continúa reforzando os lazos co movemento soberanista catalán e amosan o seu apoio ás distintas formacións soberanistas de esquerda que defenden o dereito a decidir do Pobo catalán.

Ademais de participar nos diferentes actos, os membros da área de Internacional da Executiva Nacional do BNG, mantiveron un encontro cos membros da agrupación local do Bloque de Catalunya, que mantén un forte compromiso coa loita desenvolvida na defensa da soberanía e a reivindicación das nacións sen Estado.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG